|
Article on other languages:
|
Por psicoloxía pódese entender:
Este artigo trata a primeira acepción.
Os Métodos en PsicoloxíaDesde a súa xénese como disciplina, a Psicoloxía viuse na necesidade de axustarse á metodoloxía indutiva empírico-analítica, imperante dende o século XVI. Recordemos que antes dese século a ciencia tíñase desenvolto dentro dunha tradición eminentemente dedutiva, onde os fenómenos explicábanse a partir do seu axuste interpretativo coas concepcións filosóficas ou relixiosas do momento. Se ben é certo que a adscrición da Psicoloxía ó método científico representou un avance significativo, especialmente no concernente ó estudo dos procesos psicofisiolóxicos asociados á percepción, tamén é certo que a descomposición analítica dos fenómenos psíquicos superiores en feitos positivos fai case imposible a súa reestruturación ulterior para a súa cabal comprensión. O desenvolvemento da ciencia no século XX desmontou a mistificación que tiña creado ó redor do obxecto, pois a teoría da relatividade amosa a interdependencia entre a materia e o movemento, o obxecto e a acción. Nembargantes, observando a esencia dos diferentes métodos de investigación, atopamos que todas as escolas de Psicoloxía usan o esquema estímulo-resposta, independentemente do enfoque que teñan e da aplicación práctica que faigan del; en realidade, as discrepancias xurden a partir da interpretación teórica que os investigadores asignan ós distintos entornos e ás consecuencias. Vygotski, Wallon e Piaget coinciden no propósito de superar o feito estático que pretende falar por si mesmo e recoñecen que os mesmos fenómenos poden adquirir significacións diferenciadas, segundo sexa a estrutura que os engloba. Ó respecto, Vygotski convoca unha visión xenética da mente, mentres Piaget propón o método Clínico Experimental e Wallon rexeita calquera método que intente introducir modificacións sustanciais na natureza das persoas estudadas. Sobre a base dunha aproximación dialéctica á análise da historia humana, propónse un novo método de investigación que pretende á análise das funcións psicolóxicas superiores e que está formado por tres principios: 1.- Análise do proceso en oposición á análise do obxecto. 2.- Explicación versus descripción. 3.- O problema da conduta fosilizada. -- O método exposto máis arriba non é outro que o experimental, que sempre aspira a un nivel explicativo e non descriptivo, máis común de metodoloxías correlacionais Psicoloxía experimental Paradigmas da PsicoloxíaOutros ParadigmasPsicoloxía Estructuralista Psicoloxía Funcionalista Psicoanálise Disciplinas da Psicoloxía
Principais autores en Psicoloxía
Instrumentos Psicolóxicos
Marco LegalA Psicoloxía non está rexida por un marco legal específico. Atópase encadrada dentro das Ciencias Sociais e Legais, tanto a nivel académico como a nivel laboral. Debido a esta situación os psicólogos que traballan nun ámbito sanitario deben obter a titulación PIR. Asociacións PsicolóxicasAsociacións Internacionais
Asociacións Iberoamericanas
Véxase taménLigazóns Externas
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.