Papel

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Diferentes tamaños de papel

O papel é un afeltrado de fibras unidas tanto física (por estaren entrelazadas a modo de malla) como quimicamente (por pontes de hidroxeno).

Crese que foi inventado na China por Ts'ai Lun no ano 105 a.C.

As fibras para a súa fabricación requeren algunhas propriedades especiais, como alto contido de celulosa, baixo custo e fácil obtención: razóns polas cais as máis comumente usadas son as vexetais. O material máis comumente usado é a polpa de madeira de árbores, principalmente piñeiros (polo prezo e pola calidade da fibra, moi longa) e eucaliptos (moito barata e resistente). Outros materiais como o algodón e o cáñamo tamén poden ser utilizados na confección do papel.

No comezo da chamada "era dos computadores", prevíase que o consumo de papel iría diminuir bastante, pois tería ficado obsoleto. Sen embargo, esta previsión foi desmentida na práctica: a cada ano, o consumo de papel ven sendo maior.

De feito os escritorios consumen moito máis papel despois da introdución de computadores. Iso pode ter ocorrido ben por que cos computadores, o aceso á información aumentou moito (aumentando a oferta de informacións, aumenta tamén a demanda), ou ben pola facilidade do uso de computadores e impresoras, o que permite que o uso do papel sexa menos racional que outrora (escreber a mán ou a máquina datilográfica demandaba moito máis esforzo, diminuindo o ímpeto de gastar papel con materiais inúteis). De feito, a porcentaxe de papeis impresos que nunca serán lidos é bastante alta na maior parte dos escritorios (especialmente os que dispoñen de impresoras a laser (que imprimen moitas páxinas por minuto).

Ver tamén

More about Papel: clasificacion del papel, papel tapiz, papel picado, papel mache, figuras de papel, papel reciclado, flor de papel, papel higienico, aviones de papel,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.