|
Article on other languages:
|
A meditación é o nome xenérico dunha serie de actividades que ensinan diversas relixións e movementos (por exemplo o Ioga). As definicións e técnicas varían bastante, mais unha meditación típica comprende 3 etapas:
A meditación é un técnica de relaxamento na que calamos a mente para ouvirmos a alma (o subconsciente); imaxine un río en que a corrente non deixe que vexamos o fondo, o río é a nosa mente e a corrente son os nosos pensamentos e o fondo é o noso verdadeiro eu interior, no cal, só conseguimos entrar en contacto con el cando voltamos para dentro de nós mesmos, sendo así é a través da meditación que podemos evoluírmos espiritualmente e consecuentemente pasamos a nos coñecer mellor.
Beneficios
Os beneficios coa práctica da meditación son innúmeros, mais podemos destacar principalmente, que é o mellor antiestrés que existe,pois o stress é acumulativo así como a meditación,entón a través da práctica diaria, a meditación baixa o stress deixándonos máis calmos. Moitos hospitais utilizan ese tipo de técnica de relaxamento antes das cirurxías. PrácticaComo calar a mente? a mente cala se imos deixando que os pensamentos que xorden se dilúan, como se dilúen as ondas que fai unha pedra ao caer na auga. Existen moitas técnicas, mais todas levan consigo basicamente a concentración (na postura, no respiro, etc) e o non seguimento dos posíbeis pensamentos que xorden unha e outra vez, ata que se vai calmando a mente e cala pouco a pouco. Volta ao medioNas filosofías relixiosas do oriente, como sankhya-ioga, brahmanismo, budismo e as súas variacións como o budismo tibetano e zen, ben como nas artes marciais como tai chi chuan, a meditación é vista como un estado que sobrepasa o intelecto, onde a mente se pon en silencio para dar lugar ao contido espiritual. Ese "calar a mente" lévanos de volta ao centro real da nosa vida, ao "medio", de aí meditar. En sánscrito a meditación é chamada dhyana, obtida polas técnicas de dharana (concentración). Véxase tamén
Páxinas ExternasMore about Meditaci%C3%B3n: 17 2007 de marzo meditaciã³n para, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.