|
O Mar Arábigo tamén chamado Mar de Arabia forma parte do Océano Índico, entre a Península Arábiga e India.
A máxima anchura do Mar Arábigo é de aproximadamente 2.400 km, e a súa máxima profundidade é de 4652 metros, preto da Península Arábiga, aproximadamente á mesma latitude que o extremo sur de India. O río Indo é o único río de gran envergadura que flúe cara a este mar.
No noroeste, estréitase para formar o Golfo de Omán que se conecta co Golfo Pérsico no estreito de Ormuz.
Teñen costa sobre o Már Arábigo India, Irán, Omán, Paquistán, Iemen, Emiratos Árabes Unidos (UAE), Somalia e as Illas Maldivas.
Entre as súas principais cidades costeiras están Mumbai (Bombai) en India e Karachi en Paquistán.
|