Mar

Article on other languages:

Mar arremete contra arrecifes.

Un mar é unha larga expansión de auga salgada conectada cun océano. O termo tamén se usa para grandes lagos salinos que non teñen saída natural, como o Mar Caspio, o Mar de Aral e mais o Mar Morto. O termo úsase nun senso menos xeográfico para designar unha parte do océano, como mar tropical ou auga do mar referíndose ás augas oceánicas.

A auga do mar é transparente. Mais, cando ollamos o mar, parece azul, verde ou ata cincento. A cor muda de acordo coa cor do ceo, que se reflicte nel. Tamén depende da cor da terra ou das algas transportadas polas súas augas. A partir dunha certa profundidade, as cores comezan a sumir do fondo do mar. A primeira cor en desaparecer é a vermella, aos seis metros. Despois, aos quince, tamén a amarela. Ata chegar a un punto en que só se ve o azul.

Actinia fragacea. Anémona fotografada en Camariñas

Durante millóns de anos, a choiva formou cursos de auga que ían disolvendo lentamente rochas de todos os períodos xeolóxicos, nas cales o sal común se atopa en abundancia. Eses cursos de auga desembocaban no mar. Como todos os ríos corren para o mar, el ficou con case todo o sal.

Moitos mares son mares marxinais.


Índice

Definición de mares, e enumeración divididos por océano

A Organización Hidrográfica Internacional é a autoridade mundial que define os mares e os seus límites. O documento actual de definicion é a publicación especial S-23, "Limites de océanos e mares", 3a edicion, 1953. Unha nova edición do 1986 non foi aínda aprobada debido a discusións nominais (tales como a referida ao Mar do Xapón).


Océano Pacífico

Estreito de Bering, NASA, tirada polo satélite MISR
Faro de Nividic (Finistère, Bretaña francesa)
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Océano Atlántico

Océano Índico

Océano Ártico

Océano Antártico

Mares Continentais

Mares extraterrestres

Mar Humboldtianum (a Lúa)

As Lunar maria son vastas chairas basálticas na Lúa que se chamaron mares porque os primeiros astrónomos así se referían a elas, pensando que estas eran corpos de auga.

Asúmese que hai auga líquida baixo a superficie de moitas lúas, máis marcadamente Europa, unha lúa de Xúpiter.

Considérase que nun pasado remoto existiu auga líquida na superficie de Marte, e suponse que varias bacías de Marte son antigos mares agora secos.

Tamén se pensa que hai hidrocarburos en estado líquido na superficie de Titán, a pesar de que se poden considerar máis "lagos" que "mares". A distribución desas rexións líquidas será mellor comprendida despois da chegada da Sonda Cassini.

Física cuántica

O termo mar tamén se usa na física cuántica, en concreto o Mar de Dirac, que é unha interpretación dos estados de enerxía negativa que inclúe o vacío.

Disciplinas e técnicas relacionadas co mar

Véxase tamén

Outros artigos

O mar segundo o vento e as ondas

More about Mar: del mar, cafe del mar, canciones costa del mar rica travel, costa del mar, mar del plata, casa del mar, viña del mar, del mar college, vina del mar,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.