Cidade de Malmö en 1580, extraída dun libro de mapas alemán.
Malmö, situada no Condado de Escania (Skåne, en sueco), é a terceira cidade máis grande de Suecia con 270.000 habitantes. O seu desenvolvemento vai dende a industrialización ata converterse aos poucos nunha cidade universitaria.
1170: Malmö foi mencionado por primeira vez nun libro eclésiastico. Aparece baixo o nome de Malmöhe e é cosiderado tan só como unha aldea. Malmö era parte de Dinamarca.
1452: O rei sueco Carlos Knutsson fai unha destrutiva expedición en Escania e Malmö é saqueada.
1528: O primeiro himnario en danés é publicado en Malmö.
1644: Un exército sueco baixo o mando de Gustav Horn invade a Malmö.
1645: Co tratado de paz en cidade de Brömsebro, Malmö queda baixo o dominio de Dinamarca.
1658: Longa batalla entre Suecia e as flotas holandesas, o cal conleva ao tratado de paz na cidade danesa de Roskilde. Malmö volve ser posesión de Suecia.
1679: Unhas cantas guerras destrúen unha gran parte da cidade que volve ser sueca unha vez máis.