|
Article on other languages:
|
Propiedade medible dunha entidade. Enténdese por magnitudes físicas todas aquelas propiedades dos sistemas físicos susceptibles de seren medidas e expresadas mediante un número e unha unidade, e coas cales se poden establecer relacións cuantitativas. A técnica por medio da cal se asígna un número a unha propiedade física, como resultado dunha comparación de dita propiedade con outra similar tomada como patrón, a cal se adoptou como unidade, denomínase medición. Resulta fundamental establecer unha única unidade de medida para unha magnitude dada, de forma que poida ser comprendida pola xeneralidade das persoas. A agrupación de unidades para as magnitudes físicas forma un sistema de unidades. Sistema Internacional de UnidadesO Sistema Internacional de Unidades baséase en dous tipos de magnitudes físicas, as sete que toma como fundamentais (lonxitude, tempo, masa, intensidade de corrente eléctrica, temperatura, cantidade de substancia e intensidade luminosa) e as derivadas, que son as restantes e que poden ser expresadas cunha combinación matemática das anteriores. Unidades fundamentais do SI
Magnitudes físicas derivadasUnha vez definidas as magnitudes que se consideran básicas, as demais resultan derivadas e pódense expresar como combinación das primeiras. Unidades derivadas frecuentes son superficie, volume, velocidade, aceleración, densidade, frecuencia, forza, presión, traballo, calor, potencia, carga eléctrica, diferenza de potencial, etcétera.
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.