Macedonia (ARIM) - Македонија (ПЈРМ)

Article on other languages:

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Macedonia.
Република Македонија
Republika Makedonija
República da Macedonia
Bandeira de Macedonia (ARIM) - Македонија (ПЈРМ) Escudo de Macedonia (ARIM) - Македонија (ПЈРМ)
Bandeira Escudo
Himno nacional: Денес над Македонија (Hoxe sobre Macedonia)
 
 
Capital
 • Poboación
Skopje
506.926 (2002)
Cidade máis poboada Skopje
Linguas
 • Oficiais
n/d
n/d
Forma de goberno República parlamentaria
Branko Crvenkovski
Nikola Gruevski
Independencia
 • Data
(de Iugoslavia)
8 de setembro de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 149º
25.713 km2
1,9
n/d km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 140º
2.050.554 (2006)
79 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 124º
US$ 15.780 mill.
US$ 8.175
IDH n/d
Moeda Denar macedonio (MKD)
Xentilicio Macedonio, -a
Fuso horario CET (UTC+1)
Dominio de Internet .mk
Prefixo telefónico +389
Prefixo radiofónico Z3A-Z3Z
Código ISO 807 / MKD / MK
Membro de: OTAN, ONU, OSCE

1 Tódolos idiomas das etnias con máis do 20% de representación nos concellos son idiomas oficiais municipais. Entre estes atópanse o albanés, o turco e o serbio.

Tódolos países do mundo

A República da Macedonia, que tivo como nome provisorio e co que foi aceptada na ONU, de Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) (en macedonio: Поранешна Југословенска Република Македонија (ПЈРМ)) é un pequeno país balcánico, resultante do despezamento da Iugoslavia, limitado ao norte por Serbia, ao este por Bulgaria, ao sur por Grecia e ao oeste por Albania. Capital: Skopje.

Índice

Historia

O actual estado coñecido como República da Macedonia correspondese pouco co antigo reino da Macedonia de Alexandre Magno, pois naquel período o territorio actual do país formaba parte da Paeonia.

Durante a Idade Media o territorio foi provincia ou thema do Imperio Bizantino, aínda que durante o século VI prodúxose una migración masiva de pobos eslavos que terminaron asimilando demografica e culturalmente á poboación anterior, de orixes ilirios, tracios e gregos. Posteriormente o territorio foi conquistado polo reino de Bulgaria, motivo polo cal gran parte da cultura eslavo-macedonia presenta fortes afinidades coa de Bulgaria. Dende o século XII o territorio pasou a formar parte do reino de Serbia, o que aumentaou o influxo cultural eslavo.

Cando a zona dos Balcáns foi invadida e ocupada polos turcos otománs no século XIV o territorio de Macedonia foi incluido na rexión administrativa de Rumelia. A dominación turca mantívose ata finais do século XIX; entre 1880 e 1912 (e posteriormente durante as dúas Guerras Mundiais) a Macedonia eslava foi disputada por Bulgaria e Serbia, quedando baixo a soberanía do reino de Serbia en 1912, situación que foi ratificada tra-la Primeira Guerra Mundial, e coa formación do reino de Iugoslavia (País dos eslavos do sur). Durante a Segunda Guerra Mundial, coa desmembración de Iugoslavia, Macedonia pasou a formar parte do reino de Bulgaria, pero despois do conflito o territorio foi devolto á República Federativa de Iugoslavia, como a República Federada de Macedonia.

O 8 de setembro de 1991 a República de Macedonia declarou a súa independencia de Iugoslavia. Bulgaria foi o primeiro país en recoñecer á República de Macedonia con seu nome constitucional. Nembargantes, o seu recoñecemento internacional foi retrasado pola obxeción de Grecia ó uso do nome de Macedonia, que consideraba parte do seu legado histórico e cultural, así como a súa bandeira e un polémico artigo da constitución que podía ser utilizado como argumento para a anexión da limítrofe provincia grega de Macedonia, onde reside unha minoría eslava. A Organización das Nacións Unidas (ONU) recoñeceu ó novo estado con nome de Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) en 1993.

Grecia impuxo un bloque comercial unilateral en febreiro de 1994. As sancións comerciais foron levantadas en septembro de 1995, despois de que a República da Macedonia cambiara a súa bandeira e a súa constitución. Os dous países acordaron normalizar as súas relacións, pero o nome do estado segue sendo fonte de controversia local e internacional.

Despois de que o estado fora admitido na ONU con nome de ARIM, outras organizacións internacionais adoitaron a mesma convención. A mayoría dos diplomáticos acreditados na república usan a denominación Antiga República Iugoslava da Macedonia. Paradoxicamente, polo menos uns 40 países recoñeceron ó país polo seu nome orixina de República da Macedonia.

Durante a guerra de Kosovo de 1999, a ARIM cooperou coa OTAN. Uns 360.000 refuxiados albaneses de Kosova entraron na ARIM durante a guerra, ameazando con romper o equilibrio entre os grupos macedónicos es albaneses do país. Actualmente moitos refuxiados regresaron a Kosova, aínda que continúan as tensións étnicas que ocasionaron disturbios puntuais.

Algúns grupos políticos macedonios minoritarios propagan a idea dunha Macedonia unida, reclamando a unión de tódolos territorios gregos e búlgaros con presenza eslava baixo o control dun único estado.

Organización territorial

A Antiga República Iugoslava da Macedonia está organizada administrativamente en

34 condados: Berovo, Bitola, Brod, Debar, Delcevo, Gevgelija, Gostivar, Kavadarci, Kicevo, Kocani, Kratovo, Kriva Palanka, Krusevo, Kumanovo, Murgasevo, Negotino, Ohrid, Prilep, Probistip, Radovis, Resen, Skopje-Centar, Skopje-Caire, Skopje-Karpos, Skopje-Kisela Voda, Skopje-Gazi Baba, Stip, Struga, Strumica, Sveti Nikole, Tetovo, Titov Veles, Valandovo, Vinica.

85 Municipalidades (opstini, singular opstina): Aerodrom (Skopje), Aracinovo, Berovo, Bitola, Bogdanci, Bogovinje, Bosilovo, Brvenica, Butel (Skopje), Cair (Skopje), Caska, Centar (Skopje), Centar Zupa, Cesinovo, Cucer-Sandevo, Debar, Debartsa, Delcevo, Demir Hisar, Demir Kapija, Dojran, Dolneni, Drugovo, Gazi Baba (Skopje), Gevgelija, Gjorce Petrov (Skopje), Gostivar, Gradsko, Ilinden, Jegunovce, Karbinci, Karpos (Skopje), Kavadarci, Kicevo, Kisela Voda (Skopje), Kocani, Konce, Kratovo, Kriva Palanka, Krivogastani, Krusevo, Kumanovo, Lipkovo, Lozovo, Makedonska Kamenica, Makedonski Brod, Mavrovo i Rastusa, Mogila, Negotino, Novaci, Novo Selo, Ohrid, Oslomej, Pehcevo, Petrovec, Plasnica, Prilep, Probistip, Radovis, Rankovce, Resen, Rosoman, Saraj (Skopje), Skopje, Sopiste, Staro Nagoricane, Stip, Struga, Strumica, Studenicani, Suto Orizari (Skopje), Sveti Nikole, Tearce, Tetovo, Valandovo, Vasilevo, Veles, Vevcani, Vinica, Vranestica, Vrapciste, Zajas, Zelenikovo, Zelino, Zrnovci.

Economía

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | Austria | Bélxica | Bielorrusia | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | República da Macedonia | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.