|
Article on other languages:
|
Músculo é cada un dos órganos contráctiles do corpo humano e doutros animais, formados por tecido muscular. Os músculos relaciónanse intimamente ben co esqueleto -músculos esqueléticos-, ou ben forman parte da estrutura de diversos órganos e aparellos -músculos viscerais-. A palabra "músculo" provén do diminutivo latino musculus, mus (rato) culus (pequeno), porque no momento da contracción, os romanos dicían que parecía un pequeno rato pola forma. A unidade funcional e estrutural do músculo é a fibra muscular.
EstruturaO músculo é un tecido formado por células fusiformes constituídas polo sarcolema, que é a membrana celular e o sarcoplasma que conteñen as organelas, o núcleo celular, mioglobina e un complexo armazón proteico de fibras chamadas actina e miosina cuxa principal propiedade, chamada contractilidade, é a de acurtar a súa lonxitude cando son sometidas a un estímulo químico ou eléctrico. Estas proteínas teñen forma helicoidal ou de hélice, e cando son activadas únense e rotan de forma que producen un acurtamento da fibra. Durante un só movemento existen varios procesos de unión e desunión do conxunto actina-mielina Tipos de músculosSegundo a natureza
De natureza estriada e de control involuntario. Presente só no corazón. O corpo humano está formado aproximadamente dun 40% de músculo esquelético e dun 10% de [[músculo cardíaco]] e visceral. Segundo a súa localizaciónDe acordo coa súa localización, clasifícanse os músculos en dous grandes grupos:
Funcións do músculo
Un corazón humano onde existen fibras musculares diferenciadas
O músculo é o órgano de maior adaptabilidade, modifica máis que ningún outro órgano tanto o seu contido como a súa forma, dunha atrofia severa pode volver reforzarse en pouco tempo, grazas ó adestramento, do mesmo xeito que co desuso se atrofia conducindo ó músculo a unha diminución de tamaño, forza, ata redución da cantidade de organelas celulares. No músculo esquelético, se se inmobiliza en posición de acurtamento, ó cabo de pouco tempo adáptase á súa nova lonxitude requirindo adestramento a base de estiramentos para volver á súa lonxitude orixinal, ata se se deixa estirado un tempo, pode dar inestabilidade articular pola hiperlaxitud adoptada. Véxase taménOutros artigosLigazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.