|
Article on other languages: |
Lynn Margulis (1938) é unha recoñecidísima bióloga de nacionalidade estadounidense. Esta muller ademais de numerosos estudos (Licenciada na Universidade de Chicago, Doutora pola Universidade de Wisconsin...) ten tamén moitos títulos e recoñecementos (como a medalla outorgada polo ex presidente Bill Clinton en 1999, a Medalla Nacional da Ciencia, etc.). Forma parte da Natural Academy of Science dende 1983 e da Russian Academy of Natural of Science. Actualmente, desenvolve o seu traballo como profesora distinguida do Departamento de Xeociencias da Universidade de Massachusetts. Destacamos, entre os seus numerosos traballos no campo do evolucionismo a súa teoría sobre o paso de células procariotas a células eucariotas (Endosimbeose Serial). É doutor honoris causa pola Universidade de Vigo.
BiografíaLynn Margulis nacida en marzo de 1938 na cidade de Boston, iniciou os seus estudos de secundaria no Instituto Público de Hyde Park, pero cando os seus pais trasladarona á Escola Laboratorio da Universidade de Chicago, ela volveu ao instituto cos seus antigos amigos. Desta etapa de instituto recorda con gran cariño a súa mestra de Español, a señora Kniazza. Aos 16 anos é aceptada no programa de adelantados da Universidade de Chicago onde aos 20 anos licenciaráse, según ela adquiriu o título, un marido (Carl Sagan) e un máis duradeiro escepticismo crítico. En 1958, continuará a súa formación na Universidade de Wisconsin como alumna dun máster e axudante de profesora. Estudia Bioloxía Celular e Xenética (xenética xeral e xeética de poblaciones),mostrando unha gran admiración polo seu mestre James F. Crow (``Cambió mi vida, gracias a él supe que queria estudiar genética´´). Xa se sinte atraída polo mundo das bacterias desde o seu comezo, que naquela época, ela dicía que eran consideradas só na súa dimensión de xérmenes de caracter patóxeno e sen interese na esfera do evolucionismo. Lynn comezou a investigar os traballos ignorados e olvidados para apoiar a súa primeira intuición sobre a importancia do mundo microbiano na evolución. Nos seus diferentes traballos nos guía no que foi a súa investigación e os antecedentes das súas aportacións. As súas aportacións a bioloxía e ao evolucionismo son múltiples: describe paso a paso e con concreción a orixe das células eucariotas (a SET, se considera o seu mellor traballo; xunto a K.V. Schwartz clasifica a vida na terra en cinco reinos agrupados en dous grandes niveis: bacterias e eucariotas; formula a súa teoría sobre a simbioxénese e a teoría de importancia desta na evolución; apoia dende o primeiro momento a hipótese de Gaia do químico James E. Lovelock, contribuíndo a ela dende a bioloxía e intentandoque adquirise categoría de teoría; realizar unha suma de traballos concretos sobre organismos bacterianos e formas de vida simbiótica... Na actualidade, traballa na posible orixe dos cilios das espiroquetas. Teoría da endosimbiose serial (SET)Tras quince intentos fracasados de publicar os seus traballos sobre a orixe das células eucariotas, en 1966 logra que a revista 'Journal of Theoretical Biology' acepte e finalmente publique a finais de 1967 o seu artigo Origin of Mitosing Cells. Max Taylor, especializado en protistas, mestre na Universidade de British Columbia, foi o que a bautizou co acrónimo SET (Serial Endosynbiosis theory). Lynn Margulis continuou traballando na súa teoría sobre a orixe das células eucariotas e o que nun principio fora un artigo adquiriu as dimensións de un libro. Novamente fracasou nos seus intentos de publicar, na que entonces era a súa editorial (Academia Press) que tras manter o manuscrito cinco meses retido devolveronlle unha carta onde publicaban o seu rechazo sen explicacións. Tras máis dun ano de intentos, o libro publicouse grazas a Yale University Press. Dende entón, a SET abrirase camiño penosamente ata hoxe, que se considera proba nas suas tres cuartas partes. Véxase taménOutros artigos |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.