|
Article on other languages:
|
luz s.f.
Natureza da LuzLuz significa a miúdo a porción do espectro electromagnético visible ó noso ollo, mais tamén pode referirse a outros xeitos de radiación electromagnética. As tres dimensións básicas da luz (e de toda radiación electromagnética) son brillo (ou amplitude), cor (ou frecuencia), e polarización (ou ángulo de vibración). Pola dualidade onda-partícula, a luz exhibe de xeito simultáneo propiedades tanto de onda coma de partícula. Teorías
Características da Luz VisibleA luz visible é aquela porción do espectro electromagnético entre unha lonxitude de onda achegada a 400 nanometros (abreviado nm) e 800 nm (no aire). A luz tamén pode ser caracterizada pola súa frequencia. A frecuencia e a lonxitude de onda da luz obedecen á relación:
onde λ é o cumprimento de onda, f é a frequencia, v é a velocidade da luz. Se a luz estivese a viaxar en vacio, entón v = c, logo
onde c é a velocidade da luz. Podemos expresar v como
onde n é unha constante (o índice de refracción) o que é unha propiedade do material polo cal a luz pasa. Cambio na velocidade da LuzA luz propágase a unha velocidade finita. Aínda os observadores móbiles sempre miden a mesma velocidade da luz (c) se se está a propagar polo baleiro, velocidade que resulta ser = 299,792,458 metros por segundo (ms-1); No entanto, cando a luz pasa a través dunha substancia transparente, como ar, auga ou vidro, a súa velocidade vese reducida, sufrindo refracción (variación na súa dirección de propagación). Así, n=1 no baleiro e n>1 na materia, sendo n o chamado índice de refracción, igual a c/v, onde v é a velocidade no medio diferente do baleiro. Historia da Velocidade da LuzA velocidade da luz foi medida moitas veces por moitos físicos. A mellor medida realizada nos comezos é debida a Olaus Roemer (físico danés), no 1676. Foi el quen desenvolveu un método para medir a velocidade da luz por medio do movemento aparente dun satélite do planeta Xúpiter usando o telescopio. Foi posible a medición observando que a lúa debía pasar por diante de Xúpiter a intervalos iguais. Roemer descubriu que a lúa xiraba en torno a Xúpiter cun período de 42-1/2 horas cando a Terra estaba máis próxima de Xúpiter. O problema era que cando a Terra e Xúpiter se afastaban, o período de revolución da lúa parecía ser maior, volvendo ó acortarse ó achegarse novamente. Estaba claro que a luz tardaba máis en chegar á Terra ó distanciarse Xúpiter. A velocidade da luz foi calculada analizando a distancia entre os dous planetas en diferentes tempos. Roemer chegou a unha velocidade de 227,000 quilómetros por segundo (km.s-1). Albert A. Michelson mellorou o traballo de Roemer en 1926. Usou un espello rotatorio para medir o tempo que tardaba a luz en ida e volta entre o monte Wilson e o San Antonio en California. As precisas medidas proporcionaron unha velocidade de 299,796 km.s-1). No uso diario, redondéase a 300,000 km/s. ÓpticaO estudo da luz e a interacción entre luz e materia é chamada óptica. A observación e estudo de fenómenos ópticos como o arco da vella ofrece claves da natureza da luz e tamén diversión. Cor e características de OndaDiferentes lonxitudes de onda son interpretadas polo cerebro humano como cores, do vermello a lonxitudes de onda longas (baixas frecuencias) ó violeta ás lonxitudes de onda máis curtas (máis altas frecuencias). As frecuencias intermedias son vistas como laranxa, amarelo, verde, azul, e, de xeito convencional, índigo. As frecuencias do espectro inmediatamente fóra do rango visible polo ollo humano son chamadas ultravioleta (UV) para o límite de altas frecuencias e infravermello (IR) para o de baixas. Os humanos non podemos ver IR, pero percibímolo como calor a través da pel. Hai cámaras que poden coller IR e convertelo en luz visible, chamadas de visión nocturna. A radiación UV non é percibida por nós en absoluto, exceptuando como sobreexposición, queimado por luz solar ou semellante. Algúns animais, como as abellas, poden ver UV mentres outros, como algún tipo de víbora pode ver IR. Medición da LuzAs cantidades e unidades seguintes son usadas para medir a luz.
Fontes de luz
Farola da Alameda de Santiago.
Unha Onda de Luz
Véxase tamén
More about Luz: luz casal, la luz del mundo, luz maria briseno, bendita la luz, radio luz, luz elena gonzalez, la luz, luz maria, iglesia la luz del mundo, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.