Luxemburgo - Lëtzebuerg

Article on other languages:

Grand-Duché de Luxembourg
Großherzogtum Luxemburg
Grousherzogdem Lëtzebuerg

Gran-Ducado do Luxemburgo
Bandeira do Luxemburgo Escudo do Luxemburgo
Lema: Mir wëlle bleiwe wat mir sin
(Luxemburgués, Queremos ficar o que somos)
Linguas oficiais Francés, Alemán, (Luxemburgués)
Capital Luxemburgo
Gran-Duque Gran-Duque Henri
Primeiro-ministro Jean-Claude Juncker
Área
- Total
- % auga
166º maior
2 586 km²
Insignificante
Poboación
- Total (Ano)
- Densidade
168º mais populoso
442 972
171 h/km²;
Independencia
- Declarada
- Recoñecida

1835
11 de maio de 1867
Moeda Euro¹, moedas de euro luxemburguesas
Fuso horario UTC +1
Hino nacional Ons Hémécht
TLD (Internet) .LU
Código telefónico 352
(1) Antes de 1999: franco luxemburgués


O Luxemburgo é un pequeno país da Europa Occidental, limitado ao este pola Alemaña, ao sur pola Francia e a oeste e norte pola Bélxica.

Índice

Historia

Artigo principal: Historia do Luxemburgo

A historia rexistrada do Gran-Ducado do Luxemburgo comeza coa construción do Castelo do Luxemburgo na idade média. En torno desta fortaleza desenvolveuse gradualmente unha cidade, que se transformou no centro dunha pequena mais importante nación con gran valor estratéxico para Francia, Alemaña e Holanda. Depois de séculos de conquistas e governo por estados estranxeiros, o Luxemburgo acabou por se tornar nunha nación independente e neutral no século XIX.

No entanto, o país foi repetidamente atacado por Alemaña no século XX, o que o levou a abandonar a sua política de neutralidade depois da Segunda Guerra Mundial, cando se tornou nun membro fundador da OTAN, das Nacións Unidas e da Comunidade Económica Europea (máis tarde Unión Europea).

Política

Artigo principal: Política do Luxemburgo

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Luxemburgo

Luxemburgo.
Luxemburgo.

Demografía

Artigo principal: Demografía do Luxemburgo

Xeografía

Mapa de Luxemburgo
Ponte de Adolfo

Luxemburgo é o sétimo país máis pequeno de Europa, atopándose no posto 167 a nivel mundial. O Gran Ducado ten un territorio de carácter montañoso e con extensas masas boscosas. O relevo presenta dúas rexións diferenciadas: no norte, chamado Oesling, esténdense as estribaciones meridionais do macizo montañoso das Ardenas, cunha altura máxima de 500 metros, e pola que discorren os afluentes do Mosela. Ao sur, o Gutland, constitúe unha extensa chaira prolongación da conca parisiense. Deste a oeste o país atravesouse polo Sauer (Sûre en francés), afluyente do Mosela, que pola súa beira dereita recibe ao Alzette e pola esquerda ao Our e ao Clerf, entre outros.

A paisaxe luxemburgués complétase co curso do Mosela, que discorre polo sector oriental, trazando a fronteira con Alemaña.

O clima é continental, húmido, máis rigoroso nas rexións altas do norte, e máis moderado no sur. As precipitacións anuais son copiosas, os veráns frescos, mentres que os invernos son suaves.

A capital, Luxemburgo é a poboación máis grande do país. Outras cidades importantes son Esch-sur-Alzette, cara ao suroeste da capital e Echternach, ao leste, contra a fronteira con Alemaña.

Economía

Artigo principal: Economía do Luxemburgo

Cultura

A situación lingüística de Luxemburgo é caracterizada pola práctica e o recoñecemento de tres idiomas oficiais: francés, alemán e luxemburgués. O plurilingüismo de Luxemburgo resulta da coexistencia de dous grupos étnicos, un románico e outro germánico.

Nos primeiros tempos do país, o francés tiña un gran prestixio, e aínda posúe un uso preferente como idioma administrativo e oficial. O alemán foi utilizado no campo político, para formular as leis e ordenanzas co fin de facelas comprensibles a todos. Na escola primaria, a educación estaba limitada ao alemán, mentres que o francés era ensinado na educación secundaria.

A lei do 26 de xullo de 1843 reforzou o bilingüismo introducindo o ensino do francés nas escolas primarias.

O luxemburgués, un dialecto do alemán moi influído polo francés, nativo da rexión de Mosela, foi introducido na escola primaria en 1912.

Festas
Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Ano novo Neijoerschdag
febreiro Entroido Fuesent
marzo/abril Luns de Pascua Ouschterdag
1 de maio Día do Traballo Dag vun der Aarbecht
maio Ascensión -
maio Luns de Pentecostés -
23 de xuño Aniversario do Gran Duque Nationalfeierdag
15 de agosto Asunción de María Mariä Himmelfahrt
1 de novembro Todos os santos Allerhellgen
25 de decembro Nadal Chrëschtdag
26 de decembro Santo Esteban Stiefesdag

Ata 1984, o uso oficial das linguas estaba baseado nos decretos de 1830, 1832 e 1834, os cales permitían elixir libremente entre o francés e o alemán. O francés foi o preferido para a administración. O luxemburgués aínda non tiña status oficial.

A revisión constitucional de 1984 deulles aos lexisladores a posibilidade de regular os idiomas mediante lei. O 24 de febreiro de 1984 unha lei fixo que o luxemburgués fose o idioma oficial: "O luxemburgués é a lingua nacional dos luxemburgueses" di o seu artigo 1. Ademais, esta lei recoñeceu os tres idiomas utilizados (o francés, o alemán e o luxemburgués) como linguas oficiais. O francés aínda permanece como o idioma da lexislación (segundo recolle o artigo 2 da citada norma), debido á aplicación do código civil napoleónico. O artigo terceiro establece como linguas administrativas e xudiciais ao francés, alemán e luxemburgués.

O luxemburgués é ensinado nas escolas, despois do francés e o alemán. É ensinado só unha hora e durante os primeiros anos da escola secundaria. Nas escolas secundarias tamén se ensina inglés e moitas veces un dos seguintes idiomas: latín, español ou italiano. A nivel universitario, o multilingüismo fai posible que os estudantes poidan continuar a súa educación superior en países nos que se fale alemán, francés ou inglés.

Véxase tambén

Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | Austria | Bélxica | Bielorrusia | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | República da Macedonia | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.