|
Article on other languages: |
lume s.m. Chámase lume ó proceso de oxidación violenta de materia combustible, con desprendemento de lapas, calor e gases. É un proceso moi exotérmico.
Fundamento químicoPara comezar a producir lume son necesarias tres cousas: un combustible (en xeral, un composto orgánico, como o carbón, a madeira, os plásticos, gases de hidrocarburos, a gasolina...), un comburente, o osíxeno do aire, e calor (unha enerxía de activación), que pode darse cunha chispa ou outra lapa. Cada combustible ten unha temperatura de ignición distinta, que é necesario acadar para que comece a reacción química, que acostuma ser automantida mentres existan reactivos. Os gases producidos pola oxidación (principalmente vapor de auga e dióxido de carbono), a alta temperatura pola calor desprendida pola reacción, emiten luz visible: as lapas (gases incandescentes). A composición dos gases desprendidos, así como a súa temperatura, determinan a cor da lapa. Así, son vermellas, laranxas ou amarelas no caso de papel e madeira; ou azuis no caso de moitos gases de hidrocarburos, como os usados no fogar, pero poden ser doutras cores cando arden outros elementos. De igual xeito, o lume está determinado por algúns factores que dependerían, por exemplo, dos distintos combustibles que o orixinan, de xeito que os procesos industriais xeran cada certo tempo, polas súas tarefas, distintos tipos de lume, ou os mesmos con distintas intensidades que só logran un bo avance en áreas de investigacion anti-incendios. Influxo históricoO lume encandeou á humanidade durante séculos. Quizais o humano cobrou conciencia da súa superioridade cando dominou o lume, ó cal os demais animais temen. Os seus primeiros usos foron a calor e a defensa ante as animalias, pero axiña deu probas de que era algo máis: a sinxela observación de que a punta do pau co que o removían se carbonizaba e gañaba dureza, converténdoo en arma de caza máis eficaz, foi o principio do seu uso como xerador de técnicas. Ó seu arredor viviron moitas xeracións. O home usou a súa forza destrutiva, por exemplo con fins bélicos, e tamén para construción: moldeado de metais, extracción enerxética para converter en enerxía mecánica,... o lume foi crucial na construción da nosa cultura actual Cando o lume era novoO lume, como foi indicado enriba, necesita de osíxeno, elemento que non sempre estivo na atmosfera, polo que o lume tal como o coñecemos (puideran darse outras formas) é posterior á conformación da atmosfera na Terra. A pesar do que cumpriría agardar, o Sol non ten lume, senon plasma incandescente. Tendo en conta que o osíxeno é un subproduto vital dos vexetais fotosintéticos, tamén sería posterior a estes.
FogoPor fogo enténdese
Véxase taménMore about Lume: vaga lume, ideal lume, singur pe lume, hector malot singur pe lume, al lume di candela, in lume managementul resurselor umane, lume pe rezumat singur, de hector lume malot pe rezumat singur, in lume roman, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.