Ludwig van Beethoven

Article on other languages:

Ludwig van Beethoven

Ludwig van Beethoven foi un célebre compositor alemán, que naceu en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finou en Viena o 26 de marzo de 1827. Foi autor de multitude de obras entre as que destacan as nove sinfonías. A máis coñecida destas é a novena, tamén chamada Coral e que finaliza co coro do Himno á alegría, inspirado no escritor alemán Schiller.

De neno medrou á sombra de Mozart, e o seu pai, músico tamén, foi quen puxo o empeño en que fose mellor ca Mozart.

A súa obra entronca o clasicismo de Bach co romanticismo decimonónico.

As outras obras súas máis famosas son: Para Elisa, exquisita composición breve para piano orixinalmente titulada Para Teresa mais trocada nun erro de transcrición debido á súa mala caligrafía; A Terceira Sinfonía, dedicada inicialmente a Napoleón Bonaparte, ata que rachou a súa dedicatoria cando este se coroou Emperador, e A Quinta Sinfonía, cos tres acordes máis famosos da historia.

A obra de Beethoven é moito máis curta que a de Mozart, por exemplo. Nembargantes, isto non impide que sexa considerado un xigante da composición.

Na análise dun cabelo seu, atopouse unha grande cantidade de chumbo, posiblemente debido a inxerir líquidos almacenados en garrafas feitas con este material, o que puido ser causante non só do seu lexendario mal carácter, senón tamén provocar a crecente perda auditiva que rematou por deixalo completamente xordo. Dise que na representación da novena un dos seus poucos amigos tivo que facer que xirase para ver como o público o aplaudía, xa que el estaba convencido de que fracasara ó non poder escoitar a ovación do público.

Véxase tamén

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:


Outros artigos

More about Ludwig_van_Beethoven: ludwig van beethoven composer, ludwig van beethoven music, life and works of ludwig van beethoven, short biography on ludwig van beethoven, ludwig van beethoven piano sonatas, picture of ludwig van beethoven, ludwig van beethoven sonatas, ludwig van beethoven fur elise, life of ludwig van beethoven,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.