|
Article on other languages:
|
Lixo, ou residuo é calquera material, conxunto de substancias ou de cousas, que é considerado inútil, superfluo, repugnante ou sen valor, xerado pola actividade humana, e que precisa ser eliminado. O concepto de lixo é unha concepción humana, pois nos procesos naturais non hai lixo, senón produtos inertes.
Tipos de lixoRefugallo de diverso tipo: restos de envases, zurro, aparellos usados e rexeitados. Por composiciónLixo orgánicoLixo orgánico é todo lixo que recentemente fixo parte dun ser vivo. Inclúe restos de comida (ex: follas, sementes, restos de carne e osos, etc), papel, madeira non tratada quimicamente, feces, etc. Cando se acumula, o lixo orgánico tórnase moitas veces molesto e fedento (mal cheirento), debido á rápida descomposición en xeral destes produtos. Moitas veces tamén poden ser fontes de axentes causantes de doenzas. Lixo inorgánicoLixo inorgánico inclúe todo material que non posúe orixe biolóxica, ou que se produciu por medios artificiais, como plásticos, produtos de metal, vidro, deterxentes, etc. A maioría do lixo inorgánico posúe un gran problema: botan moito tempo en se biodegradar (descompoñeren), cando se botan simplemente ao medio ambiente, se é que se poden descompoñer. O plástico, por exemplo, é formado por inmensas moléculas contendo millares de átomos, o que fai difícil a súa dixestión por axentes descompoñentes (bacterias, principalmente). Para solucionar este problema, algúns produtos son biodegradábeis. Outros produtos como os metais non se poden descompoñer, acumulándose co tempo, a non ser que sexan reciclados. Lixo tóxicoMoito do lixo é tóxico. O lixo tóxico inclúen pillas e baterías, que conteñen ácidos e metais pesados na súa composición, certos tipos de tinta (como aquela usada nas impresoras), alén de rexeito industrial. Estes produtos precisan recibir un tratamento adecuado: Moitos deles poden causar serios danos ambientais e/ou á saúde de moitas persoas. Lixo altamente tóxicoLixo nuclear e hospitalario entran neste apartado. Por orixe
Tratamento do lixoEnterramentos sanitariosOs enterramentos sanitarios son a maneira máis práctica, barata e usada de eliminar o lixo doméstico e urbano, alén de esgoto non tratado. Utiliza grandes áreas de terra, onde o lixo é depositado. Porén, inutilizan varios materiais que poderían ser reciclados, alén de ser unha fonte de polución do solo (líquidos que flúen do lixo para o solo, contendo bacterias e produtos tóxicos), de ríos e lagos (cando tais líquidos flúen da terra cara corpos de auga na rexión) e do ar (descomposición, que xera enormes cantidades de metano e outros axentes contaminantes). IncineradoresOs incineradores incineran literalmente o lixo, reducíndoo a cinzas. É altamente contaminante, xerando enormes cantidades de gases que contribúen ao agravamento do efecto estufa. É o método utilizado para a destrución de lixo hospitalario, que poden conter axentes causantes de doenzas potencialmente fatais. ReciclaxeO reciclaxe é a reutilización de materiais que senón serían consideradas lixo. Os tipos de materiais reciclábeis máis comúns son o papel, metais (non pesados), plástico e a madeira. A reciclaxe ten a vantaxe de ser un medio ecolóxico de producir produtos, mais porén pode ser cara. Apenas se utiliza a grande escala nos países desenvolvidos, principalmente no Xapón, nos países escandinavos, na Inglaterra e no Canadá. Tampouco se poden reciclar todos os materiais, por presentar algún grao de perigo á saúde humana. Confinamento permanenteO lixo altamente tóxico e duradeiro, que non se pode destruír, como o lixo nuclear, precisa tratarse e confinarse permanentemente nalgún lugar de difícil acceso, como por exemplo en túneles escavados a quilómetros por baixo do solo. More about Lixo: aumento coleta da de de lixo taxa, lixo luxo, lata de lixo, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.