|
Article on other languages:
|
Esta é unha lista de reis de Portugal, desde a independencia do Reino de León en 1139 até a implantación da República o 5 de outubro de 1910. A título previo, móstranse tamén os condes de Portugal que antecederon directamente o primeiro rei portugués. Anterior á independencia - Condes PortucalensesCasa de Vímara Peres
Reis da Galiza que se consideraron tamén reis de Portucale
Condado Portucalense
Primeira Dinastía – de Borgoña ou Afonsina
Interreino (1383 - 1385)Designación dada pola historiografía oficial ao período que media a morte de D. Fernando e a ascensión ao trono do seu medio-irmán, o Mestre de Avis D. Xoán, e que comprende as rexencias de Leonor Teles e do propio Mestre de Avis.
Segunda Dinastía – de Avis ou Xoanina
Terceira Dinastía – Filipina, de Habsburgo ou dos Austrias
Os soberanos desta dinastía foron tamén reis de Castela, Países Baixos, Nápoles, Sicilia, León, Aragón, Valencia, Galiza, Navarra, Granada, duques da Borgoña, etc., títulos xenericamente reunidos baixo a designación de Reis de España.
Durante este período de sesenta anos, os reis fixéronse representar en Portugal por un vicerrei ou un corpo de gobernadores - vexa a lista de vicerreis durante a dinastía filipina. Á revolta de 1 de Decembro de 1640 seguiuse a Guerra da Aclamación, despois chamada, pola historiografía romántica do século XIX, como Guerra da Restauración. Cuarta Dinastía – de Bragança ou Brigantina
Notas(1) Raíña de xure e de feito (era a única herdeira lexítima do trono deixado vago pola morte de D. Fernando I), D. Beatriz, casada con Xoán I de Castela, aclamouse Raíña en grande do Reino, exercendo a rexencia no seu nome, durante case dous anos, a raíña-viúva, a súa mai D. Leonor Teles de Meneces; o seu marido D. Xoán de Castela acrecentou mesmo o señorío dos Reinos de Portugal e Algarbe aos seus títulos, e mandou cuñar moeda coas armas de León e Castela partidas coas de Portugal. Con todo, desde o inicio do reinado, varias vilas e cidades do reino comezaron a se revoltar, temendo a perda da independencia, vindo paulatinamente a engrosar o partido que se foi constituíndo á roda do Mestre de Avis. Coa subida ao trono do Mestre de Avis, despois das Cortes de Coimbra de 1385, a historiografía oficial pasou a negar a realeza de D. Beatriz e até, nalgúns casos extremos, a negar ser filla biolóxica de D. Fernando, por forma a refutar o feito de ter sido raíña de Portugal. (2) Por morte de D. Xoán II sen fillos lexítimos (o príncipe D. Afonso falecera en condicións tráxicas nunca completamente esclarecidas en 1491), nin irmáns sobrevivos (a infanta Santa Xoana, a súa irmá, falecera en 1490), non obstante haber tentado lexitimar un o seu bastardo, o infante D. Xorxe de Lencastre, futuro Duque de Coimbra, a Coroa Portuguesa acabou por pasar para o seu primo e cuñado D. Manuel, Duque de Bexa, o cal era fillo de D. Fernando, Duque de Viseu (irmán do rei D. Afonso V), e de D. Beatriz (filla do infante D. Xoán, o penúltimo dos membros da Ínclita Xeración). Así, aínda que polo lado do pai fose neto do rei D. Duarte, e polo lado da mai, bisneto de D. Xoán I, o feito de non ser herdeiro directo, mais si colateral, leva a que surxan, por veces, referencias a unha quebra na dinastía de Avis ao nivel da casa reinante, considerándose inaugurada así a Casa de Avis-Bexa (en homenaxe ao ducado no cal fora investido por D. Xoán II, e que detina á data da súa aclamación, en 1495), a cal se mantería no poder até o fin da dinastía, en 1580. (3) D. Antonio I foi rei de Portugal desde 19 de Xuño de 1580, data da súa formal aclamación ao trono en Santarén, até á derrota na batalla de Alcántara, a 25 de agosto seguinte. Continuou a reinar no entanto "de xure" a partir do estranxeiro, e reinou "de feito" até 1583 no territorio azoriano, onde proseguiu a guerra ao invasor. A historiografía oficial negoulle a condición de rei (por ser tido como fillo bastardo e cristián novo, o que non é verdade, pois era real a Lexitimidade de D. Antonio), tanto baixo os Filipes, como tamén baixo os Braganças. Débese a unha obra do Profesor Joaquim Veríssimo Serrão a reabilitación da súa figura, que debe así figurar no número dos reis de Portugal, posto aínda que a brevidade do seu reinado. (4) Filipe II comezou logo a exercer o seu poder aínda en 1580, aínda que apenas parcialmente, pois aínda non dominaba todo o territorio; só en 1581, coas Cortes de Tomar, se tornou Rei de Portugal de xure, e apenas en 1583 conseguiu abafar todos os puntos que aínda eran afectos ao Prior do Crato. (5) Esta alegada mudanza de nome na Dinastía de Braganza, reinante en Portugal, por morte de D. María II, para Bragança-Saxe-Cobúrgo-Gotha (ou máis correctamente, ‘‘Bragança-Wettin’‘), non é de todo recoñecida pola historiografía portuguesa, sendo antes unha creación das historiografías estranxeiras (sobre todo a francesa, que non recoñece a sucesión por vía feminina, facendo así aplicar á dinastía reinante en Portugal o nome dinástico do rei consorte). Así, aínda que a liña de sucesión prosiga en liña recta, polo casamento da Raíña D. María II cun príncipe estranxeiro (D. Fernando II de Saxe-Cobúrgo-Gotha), tería cesado na Casa Real portuguesa a varonía de D. Afonso Henriques, mantida ao longo de sete séculos (nótese que a outra raíña portuguesa, D. María I, casara co tío D. Pedro III, polo que se mantivo o sangue do primeiro rei de Portugal), tendo entón pasado a correr o sangue da casa de Wettin nas veas dos Bragança. Con todo, en Portugal sempre as mulleres puideron transmitir o nome, ben como o patrimonio, na falta de herdeiro varón na familia. Isto leva a encontrarse por veces escrito, entre historiadores estranxeiros, a existencia dunha quinta dinastía en Portugal - unha división aparentemente artificial dentro da última dinastía real portuguesa, gobernada pola suposta casa de Bragança-Wettin, a cal comprendería os reis entre D. Pedro V e D. Manuel II. Para todos os efectos, considérase máis válida a división tradicional en catro dinastías, face á legalidade da designación de dinastía de Braganza, única utilizada, e determinada pola Casa Real e pola xeneralidade das persoas, até 1910 e despois desa data. (6) O herdeiro do trono, D. Luís Filipe, Príncipe Real de Portugal, aínda que teña sobrevivido escasos minutos ao seu pai, non foi nunca considerado como rei de Portugal (aínda que teña sido chamado, por algúns estranxeiros, de D. Luís II); nin o podería ser, pois en Portugal só eran considerados reis "de xure" os príncipes despois de xuraren os foros, liberdades e garantías no acto da súa aclamación ao trono (até 1834), ou de xuraren a Constitución (despois daquela data), en sesión solene e plenaria das Cortes. Desta forma, o trono recaiu de inmediato no seu irmán máis novo, D. Manuel II, despois de xuramentado. (*) Todos estes reis foron tamén soberanos do reino do Algarbe, a partir de D. Afonso III; antes del, D. Sancho I usou ese título (ou o alternativo rei de Silves) entre 1189 e 1191. Titulatura rexiaAo longo da historia, o título oficial dos Reis de Portugal foi alterándose. Os Reis de Portugal tiveron os seguintes títulos:
Véxase taménOutros artigos |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.