|
Article on other languages:
|
A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe, portanto, a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. Através do estuário, Lisboa lígase aos concellos da marxe Sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.
MonumentosComo monumentos e temas de interese turístico destacan, na Lisboa medieval:
Da cidade da época dos Descobrimentos podemos ver hoxe na zona de Belém, dúas construcións clasificadas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade:
Nas proximidades e con interese histórico ou artístico están ainda a Praza dos Restauradores e o Elevador de Santa Justa, proxectado a fins do século XIX por Mesnier du Ponsard, un discípulo de Eiffel. Tamén destacan os pazos reais das Necesidades e da Axuda, na parte Oeste da cidade. A fins do século XIX os planos urbanísticos permitiron estender a cidade alén da Baixa para o vale da actual Avenida da Liberdade. En 1934 é construída a Praza Marqués de Pombal, remate superior da avenida. Do século XX sobresaen os extensos planos urbanísticos das Avenidas Novas, da envolvente da Universidade de Lisboa, e da zona dos Olivais, e os máis recentes do Parque das Nacións e da Alta de Lisboa, ainda en construción. Os edificios do fin do século XX máis notabeis en termos de arquitectura inclúen, entre outros, as Torres das Amoreiras (1985, do arquitecto Tomás Taveira, o Centro Cultural de Belém (inaugurado en 1991), a Estación do Oriente (de Santiago Calatrava), a Torre Vasco da Gama e o Oceanario de Lisboa (de Peter Chermayeff), todos de 1998. HistoriaArtigo principal Historia de Lisboa Foi fundada polos gregos e foille dado o nome de Olissipo (nome supostamente derivado de Ulises). Co paso do tempo o nome foi derivando en Olissipona, Lissapona e finalmente Lisboa. Lisboa foi tomada no século VIII polos árabes provenientes do norte de África, e reconquistada polo primeiro rei de Portugal, Afonso Henriques no século XII. De Lisboa partiron numerosas expedicións na época dos Descobrimentos (ss. XV-XVII). Foi destruída o 1 de novembro de 1755 por un gran terramoto, e reconstruída segundo os planos trazados polo Marqués de Pombal (de aí que a parte central se coñeza como Baixa Pombalina). Como monumentos e tópicos de interese turístico destacan o Castelo de São Jorge, na colina máis alta do centro da cidade, a Praça do Comércio, o Mosteiro dos Jerónimos e Torre de Belém e o barrio que sobreviviu ó terremoto, chamado Alfama. A música tradicional de Lisboa é o fado, canción nostálxica acompañada pola guitarra portuguesa. En Lisboa ocorreron a revolta republicana do 4 e 5 de novembro de 1910 e a Revolución dos cravos do 25 de abril de 1974.
TransportesEstá ligada á outra beira do Texo por dúas pontes: a ponte 25 de abril, no sur, inaugurada o 6 de agosto de 1966, que liga Lisboa e Almada e a ponte Vasco da Gama, inaugurada en maio de 1998, que liga o nordeste da capital (zona do Oriente e Sacavém) coa cidade de Montijo. O aeroporto de Lisboa (aeroporto da Portela) localízase a 7 km do centro, na zona nordeste da cidade. Aprobouse no 2005 a construción dun novo aeroporto na zona da Ota, a 40 km ao norte da cidade. O porto de Lisboa é destino de numerosos cruceiros e un dos principais portos turísticos europeos. Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.