|
Article on other languages:
|
O portugués é unha lingua romance xurdida no que agora son Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Sudamérica, Goa na India e Macao na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe. Hoxe en día é unha das linguas do mundo mais faladas, na sexta posición [1]en canto a falantes como primeira lingua (uns 210 millóns). É a lingua con maior número [Cómpre referencia] de falantes en Sudamérica (188 millóns), así como unha importante lingua franca en África. O portugués é lingua oficial de oito países - Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste, sendo cooficial co español e francés en Guinea Ecuatorial, co chinés na rexión Especial Administrativa Chinesa de Macao, e co tetún en Timor Leste. O galego e o portugués eran a mesma lingua, o galego-portugués até como mínimo os séculos XII-XIII, cando se iniciou un proceso de afastamento debido, entre outras razóns, a que en Portugal adquiriu o carácter de lingua estatal e que Galiza se incorporou á Coroa de Castela, que posteriormente chegaría a formar España, sen se establecer por tanto como lingua oficial en Galiza, e desaparecendo como lingua literaria durante tres séculos (XVI, XVII e XVIII). O esplendor literario medieval do galaico-portugués foi descoñecido, nos dous lados da fronteira, ata a década de 1920. Hoxe en día o galego e o portugués considéranse oficialmente[2] como dúas linguas distintas, aínda que existen posicións diferentes, incluíndo un movemento social chamado reintegracionismo, que afirma que o galego e o portugués son simplemente dúas variantes da mesma lingua.
Historia
O portugués desenvolveuse na parte occidental da Península Ibérica do latín falado, que levaron ata alí os soldados e colonos romanos desde o século III a.C.. A lingua iniciou a diferenciarse do latín despois da caída do Imperio Romano e das invasións bárbaras no século V. Comezou a ser usada en documentos escritos polo século XII, e no século XV comezou a diferenciarse claramente das falas do norte. Chegando á Península Ibérica en 218 a.C., os romanos trouxeron con eles a lingua latina popular, o latín vulgar, da que todas as linguas románicas (tamén coñecidas como "Linguas neolatinas") descenden. Xa no século II a.C. o sur da Lusitania estaba romanizado. Estrabón, xeógrafo da Grecia antiga, comenta nun dos libros da súa obra Geographia: "Eles adoptaran os costumes romanos, e xa non se lembran da propia lingua." A lingua tornouse popular coa chegada dos soldados, colonos e mercadores romanos, que construíron cidades romanas normalmente perto de antigos poboados doutras civilizacións. Entre o 409 d.C. (unha vez o Imperio Romano entraba en colapso) e o 711, a Península Ibérica foi invadida por pobos de orixe xermánica, coñecidos polos Romanos como Bárbaros. Os bárbaros (principalmente os suevos e os visigodos) absorberon en grande escala a cultura e a lingua da península; contodo, desde que as escolas e a administración romana pecharon, a Europa entrou na Idade das Tebras e as comunidades ficaron illadas, o latín popular comezou a evoluír de forma diferenciada e a uniformidade da península rompeuse, levando á formación dun "Romance Lusitano". Desde 711, coa invasión islámica da península, o árabe tornouse a lingua de administración das áreas conquistadas. Contodo, a poboación continuou a usar as súas falas románicas de tal forma que cando os árabes foran expulsos, a influencia que exerceran na lingua foi pequena. O seu efecto principal foi no léxico.
Portugal tornouse independente en 1143 co rei D. Afonso Henriques. No primeiro período do "Portugués Arcaico" - Período Galego-Portugués (do século XII ao século XIV), a lingua comezou a ser usada de forma mais xeneralizada, depois de ter gaño popularidade na Península Ibérica cristianizada como unha lingua de poesía. En 1290, o rei D. Dinis cria a primeira universidade portuguesa en Lisboa ( o Estudo Xeral) e decretou que o portugués, até enton apenas coñecido como "lingua vulgar", pasase a ser coñecido como Lingua Portuguesa e oficialmente usado. No segundo período do Portugués Arcaico, entre os séculos XIV e XVI, coas descobertas portuguesas, a lingua portuguesa espallouse por moitas rexións da Asia, de África e das Américas. Hoxe en día, a maioría dos falantes do portugués encóntranse no Brasil, na América do Sur. No século XVI tórnase a Lingua franca da Asia e África, usado non só pola administración colonial e polos mercadores, mas tamén para comunicazón entre os responsábeis locais e europeos de todas as nacionalidades. A irradiación da lingua foi axudada por casamentos mixtos entre portugueses e as poboacións locais e a sua asociación cos esforzos misionarios católicos levou a que fose chamada cristián en moitos sítios da Asia. O dicionario Xaponés-Portugués de 1603 foi un produto da actividade misionaria Xesuíta no Xapón. A lingua continuou tendo popularidade no sudoeste asiático ata o século XIX. Algunhas comunidades cristiás falantes de portugués na India, Sri Lanka, Malaisia e Indonesia preservaron a súa lingua mesmo depois de separarse de Portugal. A lingua modificouse bastante nestas comunidades e evoluíu ata converterse en distintos crioulos de base portuguesa, algúns dos cales aínda teñen vitalidade. Tamén existe un número bastante considerábel de palabras de orixe portuguesa no tetun. Palabras de orixe portuguesa entraron no léxico de varias outras linguas, como o xaponés, o suahili, o indonesio e o malaio. O fin do "Portugués Arcaico" é marcado pola publicación do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende en 1516. O período do "Portugués Moderno" (do século XVI ata o presente) tivo un aumento do número de palabras orixinarias do latin e do grego clásicos, emprestadas ao portugués durante a Renascenza, aumentando a complexidade da lingua. Clasificación e linguas relacionadasIndo-europeu - Itálico - Románico - Italo-Occidental - Galo-Ibérico - Ibero-Romance - Ibero-Occidental - Galaico-portugués A lingua portuguesa é ortograficamente parecida en moitos aspectos coa lingua castelá, mas é diferente na fonoloxía. Un falante dunha das linguas requer algunha prática para entender capazmente un falante da outra. É unha lingua moi próxima ao galego, e hai quen considera que galego e portugués son o mesmo idioma. Realmente, morfoloxía e sintaxe de galego e portugués son moi semellantes, e onde hai as diferenzas máis notábeis é na fonética e no vocabulario. Compare por exemplo:
Case todas as palabras en castelán e portugués están relacionadas, caso sexa culto o suficiente, poderá usar palabras menos comúns:
Nalguns lugares, o portugués e o castelán són falados en conxunto. Os falantes de portugués len e entenden castelán con algunha facilidade, encanto que españois són capaces de ler portugués, mais moitas veces incapaces de perceber a lingua falada (excepto a maioría dos galegos). Isto leva a que algúns estranxeiros en Portugal e no Brasil tenten comunicarse en castelán, o que fai que as poboazóns locais se sintan ofendidas. O portugués está, naturalmente, relacionado co catalán, o italiano e todas as outras linguas latinas. Os falantes doutras linguas latinas é posíbel que achen peculiar a conxugación do infinitivo (o infinitivo conxugado). Distribución xeográfica
O portugués é primeira lingua en Angola, Brasil, Portugal, San Tomé e Príncipe e é a lingua máis usada en Mozambique. A lingua portuguesa é tamén unha das linguas oficiais de Timor-Leste (co tétum) e Macau (co Xinés). É bastante falado, mais non oficial, en Andorra, Luxemburgo, Namibia e Paraguai. Crioulos portugueses són a lingua materna da poboazón de Cabo Verde e de parte substancial dos guineenses e Sán tomenses. O portugués é falado por cerca de 187 millóns de persoas na América do Sur, 16 millóns de africanos, 12 millóns de europeus, dous millóns na América do Norte e 0,33 millóns na Ásia. A CPLP ou Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa é unha organización internacional que consta dos oito países independentes que teñen o portugués como lingua oficial. O portugués é tamén unha lingua oficial da Unión Europea, Mercosul e unha das linguas de traballo e oficiais da Unión Africana. A lingua portuguesa ten gañado popularidade como lingua de estudo na África, América do Sur e Asia. PatrónsO portugués ten dúas variedades escritas (patróns ou standards) recoñecidas internacionalmente:
As diferenzas entre as variedades do portugués da Europa e do Brasil son no vocabulario, pronuncia e sintaxe, especialmente nas variedades vernáculas, encanto nos textos formais estas diferenzas diminuen bastante. As diferenzas non son maiores que as existentes entre o inglés dos Estados Unidos e do Reino Unido. Ambas as variedades son, sen dúbida, dialectos da mesma lingua e os falantes de ambas as variedades poden entenderse sen grandes dificuldades. O que a versión brasileira do portugués ten de notorio non é o seu léxico ou pronuncia distintos (considerados naturais ata nun mesmo país) mas antes a forma escrita. O Brasil eliminou a maioría dos primeiros "c" cando "cc", "cç" ou "ct"; e "p" cando "pc", "pç" ou "pt" porque non son pronunciados na forma culta da lingua, un remanescente do pasado latino desta (alguns continuan a existir no portugués do Brasil, e máis ainda no Europeu). Esta duplicidade, sendo a única entre as linguas do mundo occidental falada por mais de 100 millóns de persoas con dúas ortografías oficiais, está finalizando ao entrar en vigor o Acordo Ortográfico de 1990 (véxase Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa), existindo na actualidade xa dicionarios de prestixio que seguen o acordo.
Tamén existen diferenzas en acentos, debido a:
A reforma ortográfica de 1990 e o Segundo Protocolo Modificativo de 2004No 1990 tentouse unha Reforma Ortográfica para crear un patrón de portugués internacional, no que participaron daquela todolos países de lingua oficial portuguesa, incluíndo ademais adesión unha delegación (non oficial) de observadores de Galiza. O acordo foi ratificado por Portugal (1991), Brasil (1995), Cabo Verde (2006) e San Tomé e Príncipe (2006); Timor-Leste, non sendo un subscritor do acordo orixinal, ratificouno no 2004. Os países africanos de lingua portuguesa aínda non decidiran, posibelmente debido a problemas na implementación. O acordo estabelecía que a súa entrada en práctica só ocorriría cando todos os países da CPLP o ratificaren, e este proceso podía ser longo. Como exemplo de troco ortográfico, o acordo elimina a maioría dos "c" cando "cc", "cç" ou "ct"; e "p" (cando "pc", "pç" ou "pt") do portugués europeo, o trema e acentos en palabras terminadas en "eia" no Brasil, ademais dalgunhas pequenas regras novas. Fíxose tamén outro acordo para as novas palabras que entrarán na lingua. En xullo de 2004 foi aprobado, en San Tomé e Príncipe, o Segundo Protocolo Modificativo, durante a Cúpula dos xefes de Estado e de governo da CPLP. O Segundo Protocolo permitiu que o Acordo entrase en vigor coa ratificación de apenas tres países, sen a necessidade de agardar que todos os demais membros da CPLP adoptasem o mesmo procedemento. Así, tendo en vista que o Segundo Protocolo Modificativo foi ratificado polo Brasil (2004), Cabo Verde (2005) e S. Tomé e Príncipe (Nov. 2006), o Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa está en vigor, na orde xurídica internacional e nos ordenamentos xurídicos dos tres Estados indicados enriba, desde 1º de Xaneiro de 2007. En xullo de 2008 tamén Portugal aprobou o protocolo modificativo. DialectosVer artigo principal Dialectos do portugués A lingua portuguesa posue grande variedade de dialectos, moitos deles cunha acentuada diferenza lexical en relación ao portugués padrón - o que acontece especialmente no Brasil. Tais diferenzas, entretanto, non prexudican moito a intelexibilidade entre os locutores de diferentes dialectos. O portugués europeu padrón (tambén coñecido como "estremeño") modificouse máis que as outras variedades. Mesmo asi, todos os aspectos e sons de todos os dialectos de Portugal poden ser encontrados nalgun dialecto no Brasil. O portugués africano, en especial o portugués santomense ten moitas semellanzas co portugués do Brasil. Ao mesmo tempo os dialectos do sur de Portugal apresentan moitas semellanzas, especialmente o uso intensivo do xerundio. Na Europa, o alto-miñoto e o transmontano teñen semellanzas co galego. Mesmo coa independencia das antigas colonias africanas, o portugués padrón de Portugal é o padrón preferido polos países africanos de lingua portuguesa. Logo, o portugués apenas ten dous dialectos de aprendizaxe, o europeu e o brasileiro. Note que, na lingua portuguesa há dous dialectos preferidos en Portugal: o de Coimbra e o de Lisboa. No Brasil, o dialecto preferido é o falado e moito mais escrito polos habitantes cultos das grandes cidades. A maioría dos dialectos, contodo, é mutuamente intelixible. Maiores dialectos portugueses
GramáticaOs verbos son divididos en tres conxugacións, que poden ser identificadas através da terminación dos infinitivos, un de "-ar", "-er", "-ir" (e "-or", que está presente num único verbo, "pôr", xuntamente cos seus compostos. Este verbo pertence, aínda, á conxugación "-er", cando no pasado era falado "poner", que pasou a "poer" e finalmente "pôr"). Moitos verbos terminan en "ar", tais como "cantar". Dunha forma xeral, os verbos coa mesma terminación seguen o mesmo padrón; porén, son abundantes os verbos irregulares e mesmo anómalos, caso de ir, vir, ter, ser e pôr. Na lingua portuguesa, os verbos son divididos en modos:
O grao dos substantivos é, dunha forma xenérica, representado polos sufixos "-ão, -ona" para o aumentativo e "-inho, -inha" para o diminutivo, ainda que existen numerosas variacións para representar eses graos. Os adxetivos poden ter grao comparativo ou superlativo. O grao comparativo é representado polos adverbios "mais...que", "menos...que" e "tão...quanto" (ou "como"), e o grao superlativo é representado polas locucións "o mais" ou o "menos". Para representar o superlativo absoluto, pódese aínda utilizar os sufixos "-íssimo, -íssima" (alguns adxetivos, no entanto, fan o superlativo absoluto coa terminación "-érrimo, -érrima", ou "-ílimo", "-ílima"). Os substantivos veñen xeralmente acompañados du numeral, pronome ou artigo, formando variacións de acordo coas funcións sintácticas, a saber:
Os adverbios poden ser formados pelo feminino dos adxectivos, co acréscimo do sufixo "-mente". VocabularioO Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa, por Antônio Houaiss (1915 – 1999), fillo de imigrantes libaneses e antigo ministro da cultura do Brasil, foi criado co apoio de case dúas centenas de lexicografos de vários países e é o dicionário de portugués mais completo (cerca de 228 500 entradas, 376 500 acepcións, 415 500 sinónimos, 26 400 antónimos e 57 000 palavras arcaicas). Inclui moitas variacións da lingua portuguesa: africanismos, asiacismos e brasileirismos para alén do vocabulario usado en Portugal. Dedicando a súa vida á lingua, Houaiss comezou o seu traballo en 1986, e morreu un ano antes do dicionario ser acabado polos seus colegas no ano 2000, sen ver o seu soño tornarse realidade. O dicionario está rapidamente a tornarse unha referencia na lingua, alguns clasifícanno como un "monumento á lingua". O Portugués, quer en morfoloxía e síntaxe, representa unha transformación orgánica do latin sen intervención de calquer lingua estranxeira. Os sons, formas gramaticais e tipos sintácticos, con pequenas excepcións, son derivados do latín. E, cerca de 90% do vocabulario ainda deriva da lingua de Roma. Algunhas mudanzas tomaram corpo durante o Imperio Romano, outras tiveron lugar mais tarde. Na Idade Média Alta, o Portugués estaba a erodir tanto como o francés, mas unha política conservadora reaproximou a lingua ao latin. Fonética
O repertorio consonántico do portugués é bastante conservador e evoluiu pouco desde a Idade Media, as africadas /ts/, /dz/, /tʃ/, /dʒ/ confluiron nas fricativas /s/, /z/, /ʃ/, /ʒ/, mais non entre elas, E non houbo mais cambios significativos. Porén, houbo moitas evolución dialectais:
Véxase taménDicionarios on-lineLigazóns
Referencias
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.