|
Article on other languages:
|
A lingua persa, persa moderno, farsí (فارسی, fārsī, ou پارسی, pārsī) pertence ás linguas indoiranias da familia das linguas indoeuropeas, e é falada no Irán, Bahrein, Iraq, Acerbaixán e India. Só ten estatus de lingua oficial en Irán. As linguas oficias en Afganistán son o darí e o pastún, segundo garante a nova Constitución de Afganistán, e no Taxiquistán a única lingua recoñecida é o taxico (aínda que extraoficialmente empecen a deixar usar as outras linguas). Orixínase do persa antigo, utilizado no período aqueménida, e do persa medio, falado no período sasánida, e do cal derivan as actuais linguas literarias modernas persa moderno, darí e o taxico. É falada por máis de 60 millóns de persoas no Irán. Fārsī é a actual designación local do idioma e orixinouse da forma arábica usada para expresar pārsī, que era o nome dado polos iranios ao seu propio idioma (xa que a lingua árabe non contén o fonema /p/). En canto ao persa iraniano é coñecido como fārsī (sempre persa, en galego), a variedade do persa medio falada en Afganistán é denominado darí. Actualmente, o persa e o darí son escritos nunha variante do alfabeto árabe. E a variedade do persa medio falada Taxiquistán, é o taxico, e é escrito en alfabeto cirílico. Non se debe confundir parsí con farsí, nen chamar parsí ao persa (farsí), xa que o termo parsí (persiano en galego) úsase para designar a unha lingua irania diferente falada nos arredores da provincia de Fars; o farsí (persa) é unha lingua irania occidental setentrional, mentres que o parsí (persiano) é unha lingua irania occidental meridional central. A pesar de utilizar unha forma do alfabeto árabe, o persa é unha lingua completamente diferente do árabe, con gramática e fonoloxía completamente diversas. O persa é unha lingua do tipo "suxeito-obxecto-verbo". O persa é unha lingua indoeuropea e o árabe é unha lingua camito-semita.
OrtografíaAínda que utiliza o mesmo alfabeto árabe que a lingua árabe, o persa engade 4 letras, e cambia a forma doutras 2. A lingua persa é completamente distinta á árabe, cunha produción fonolóxica e unha gramática particulares. As 4 letras adicionais no persa son:
As letras con forma diferente son:
As marcas diacríticas que se utilizan no alfabeto árabe ou harakat, úsanse tamén para o persa, aínda que algunhas delas teñen distinta pronunciación. Por exemplo, en árabe Damma pronúnciase como /u/, mentras que en persa se pronuncia coma /o/. O alfabeto persa tamién añade a noción de pseudo-espazo ao alfabeto árabe, chamado Zero Width Non-Joiner (ZWNJ) co estándar Unicode. Actúa coma un espazo que desconecta dúas letras adxacentes que, doutra banda, estarían xuntas, pero non ten unha extensión visual. Outra característica remarcable é que moitas palabras persas con raíz de procedencia árabe se escriben de distinta forma que a palabra árabe da que proceden. Alef con Hamza debaixo (إ) sempre cambia a Alef (ا), Te Marbuta (ة) normalmente, pero non sempre, cambia a Te (ت) ou He (ه), e as palabras que utilizan varias hamzas escríbense con outro tipo de hamza (coma مسؤول que se convierte en مسئول). Outras linguas coma o paxtó ou o urdú asimilaron esas nocións e, en ocasións, extendéronas con novas letras ou signos de puntuación. FonoloxíaO contraste funcional entre vogais parece radicar entre as longas {/i:/, /u:/, /ɑ:/} e as curtas {/e/, /o/, /æ/}. Polo tanto, parece posible representar as vogais coma segue {/i:/, /u:/, /a:/} y {/i/, /u/, /a/}. Tamén nótese que /tʃ/ e /dʒ/ son africadas, non oclusivas. O siguinte cadro é unha adaptación de Structural Sketch of Persian. Pode que el lector necesite caracteres do A.F.I. para ver caracteres fonéticos.
Consoantes
GramáticaExemplos
Véxase taménOutros artigos |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.