|
Article on other languages:
|
O neerlandés é unha lingua de orixe xermánica. Forma parte do grupo xermánico occidental, e está próxima ao baixo alemán e un pouco máis alonxado do frisón. Fálano aproximadamente uns 30 millóns de persoas no mundo, fundamentalmente nos Países Baixos e en Bélxica. O neerlandés é idioma oficial nos Países Baixos, así como en Bélxica, nas dependencias neerlandesas do alenmar (Antillas Neerlandesas e Aruba), e na antiga colonia neerlandesa de Surinam. Ademais, unhas 60.000 persoas fálano no noroeste de Francia, na zona fronteiriza con Bélxica. Tamén se fala reducidamente nalgunhas partes de Indonesia, onde fora a lingua da administración pública colonial neerlandesa.
EstandarizaciónA norma culta denomínase AN (Algemeen Nederlands ou "neerlandés xeral"), termo considerado menos elitista ca ABN (Algemeen Beschaafd Nederlands ou "neerlandés xeral culto"), utilizado antigamente. A Unión da Lingua Neerlandesa (Nederlandse Taalunie) encárgase de fixar a norma. DialectoloxíaOs grupos dialectais principais do neerlandés son cinco: o flamengo, o holandés, o baixo saxón, o brabantés e o limburgués. Os falares flamengos son os propios da parte sudoccidental dos Países Baixos e do oeste de Bélxica, así como da zona neerlandófona de Francia. Ás veces, dende unha perspectiva histórica, denóminase flamengo o neerlandés de Bélxica, independentemente de que este sexa lingüisticamente flamengo, brabantés ou limburgués. Véxase o mapa da ubicación dos dialectos e as linguas rexionais. Trátase dunha clasificación ampla, coa maioría dos dialectos de transición non están incluidos. Polo tanto, está destinada soamente a crear unha imaxen global da propagación dos dialectos do neerlandeés. O baixosaxón, o zelandés e o limburgués non deben considerarse como un idioma aparte, non teñen antecedentes políticos. A fronteira entre dialecto e lingua é moi problemática na zona lingüística xermano-occidental, sobre todo nos Países Baixos e Flandes. Hai que ter precaución ao uso deste mapa, xa que non se indica onde se fala a lingua con fluidez, e pode non ser respaldado por tódolos expertos (sobre todo os límites do limburgués e o baixosaxón).
B. Grupo dialectal occidental setentrional (Holandés)
C. Grupo dialectal oriental setentrional (Baixosaxón)
D. Grupo dialectal central setentrional E. Grupo dialectal central meridional
F. Grupo dialectal oriental meridional
G. Surinamés H. Neerlandés das Antillas e Aruba Outros FL. Provincia de Flevolanda. Aquí non se formou ningún dialectro. Máis ben o que hai é unha mezcla de varios falares, sobre todo do sur, de Amsterdam (en Lelystad e Almere). Véxase tamén o neerlandés dos IJsselmeerpolders. O norte e en particular en Urk e arredores foi tradicionalmente unha zona dos dialectos falados do baixosaxón. * Os dialectos marcados cun asterísco, ainda que incluído baixo o holandés, pero ten tradicionalmente un moi forte sustrato do frisón. [1] Sen embargo, as investigacións do dialectólogo Harrie Scholtmeijer do Instituto Meertens de Dronten amosan que os xovens falan holandés sen acento. [2] A maioría dos dialectos aproximánse cada vez máis ao neerlandés estándar, xa que este é o que se utiliza nos medios de comunicación, tanto en Bélxica coma nos Países Baixos. Estes dialectos están a perder as súas características, as palabras de seu, e ás veces incluso a pronunciación. Os dialectos que están máis alonxados do estándar son o limburgués e o groninxio. No mapa pódese ver que incluso o afrikaans está máis cerca da norma que estes dialectos. Linguas relacionadasO afrikaans é unha das linguas oficiais na República de Sudáfrica, e en Namibia e ten unha importante base lingüística neerlandesa, ata o punto de que historicamente foi considerado un dialecto do neerlandés. O papiamento é unha lingua crioula das Antillas Neerlandesas que integra termos españois, portugueses e neerlandeses. Pero a base principal é o castelán e o portugués, non neerlandesa. Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.