Lingua latina

Article on other languages:

Latín (Lingua Latina)
Falado en: Cidade do Vaticano.
Rexións: Orixinalmente na Península Itálica, logo na zona de influencia do Imperio Romano e toda Europa Occidental.
Total de falantes:
Clasificación xenética: Indoeuropea
 Itálico
  Latín
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Cidade do Vaticano
Regulado por: Opus Fundatum Latinitas
Códigos de lingua
ISO 639-1: la
ISO 639-2: lat
ISO 639-3: lat
SIL: LTN
Caligrafía nunha Biblia en Latin do ano 1407 que se atopa en Malmesbury Abbey, Wiltshire, Inglaterra. A Biblia foi escrita a man en Bélxica por Gerard Brils, para ser lida nun monasterio

O latín é unha lingua indoeuropea extinta que foi utilizada polos antigos romanos. Mantívose como lingua litúrxica da relixión católica, e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que era aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Por extensión, o adxectivo latino, latina emprégase para designar ás persoas que proceden de países con linguas neolatinas (que proceden do latín) ou que falan estas linguas. En termos xerais, úsase en Europa para designar ós habitantes meridionais e en EEUU para designar ós habitantes de procedencia iberoamericana.

Índice

Morfoloxía

A morfoloxía do latín é a dunha lingua muito flexiva.

Os substantivos

Teñen:

O adxectivo

Hai dúas clases de adxectivos, que marcan mediante flexión os diferentes graos: comparativo e superlativo.

O verbo

Conxúgase segundo:

Historia

Rexión do Lacio onde xurdíu o latín

O lugar ancestral da lingua latina corresponde exatamente ao Vetus Latium, unha rexión considerabelmente moito menor do que hoxe é a Italia. Estaba limitada polo río Tíber ao norte, polo curso baixo do río Anio a nordeste, pola cadea dos Apeninos a leste, polo territorio Volsciano ao sur e polo Mar Tirreno a oeste. Cando a influencia militar e política de Roma se espallou, a lingua latina tamén se difundiu tanto nas cidades como nas zonas rurais, mesmo que con características dialectais proprias.

Hai unha serie de datas que marcan a expansión de Roma e con elas a súa lingua: en 241 a.C. a Sicilia tórnase provincia romana; en 238 a.C. tamén a Sardeña e a Córsega; en 197 a.C. a Hispania; en 146 a.C. a África; en 167 a.C. a Iliria; en 120 a.C. a Galia Meridional; en 50 a.C. a Galia Setentrional; en 15 a.C. a Retia e por último, en 107 d.C. baixo Traxano, a Dacia.

O propio nome de Roma non só non é latino, probabelmente nin sequera sexa indoeuropeo, probabelmente derivado do xentilicio etrusco Ruma[Cómpre referencia], sendo o adxectivo latinus un derivado do topónimo Latium (que pode significar comarca plana en oposición á montañosa Sabina).

Desde o punto de vista lingüístico, o latín forma parte da familia indoeuropea, na cal representa unha área marxinal do grupo de linguas kentum.

Xuntamente co osco, umbro e falisco pertence ao ramo itálico das linguas indoeuropeas.

Historicamente, os seus períodos poden ser así divididos:

Aínda despois da transformación do latín vulgar en linguas romances, o latín continúa fornecendo un repertorio de raíces para moitos campos semánticos, especialmente culturais e técnicos, para unha ampla variedade de linguas.

Moitas linguas europeas derivan directamente do latín, as linguas romances, como galego, o portugués, o castelán, o catalán, o occitano, o francés, o italiano, o romanche, o romanés, etc. Outras linguas teñen unha grande influencia do latín no seu vocabulario, como o albanés (por proximidade) ou o inglés (pola intermediación do francés antigo). O latín foi durante séculos a lingua de cultura e a da Igrexa católica. A súa influencia en Europa fíxose sentir nun gran número de linguas.

Latín medieval

Fálase ás veces de baixo latín para designar o latín de antes da Idade Media. Para a Idade Media en si pódese falar de latín medieval, por oposición estes dous termos ó latín clásico de Cicerón.

Moitos termos xermánicos son incluídos no vocabulario. Un certo número de termos clásicos adquiren un senso relixioso no contexto da Cristiandade (credo por exemplo) que non tiñan na época antiga.

Diferencias lexicais entre o l. clásico e vulgar

O latín vulgar crea derivados:

  • latín clásico APIS → latín vulgar APĬCŬLA → abella
  • GENU → GENUCULU → xeonllo
  • OVIS → OVĬCŬLA → ovella
  • UTI → USĂRE (USUS) → usar
  • AUDĒRE → *AUSĀRE (AUSUS) → ousar

Variantes vulgares fronte a formas clásicas:

  • SUBFERRE → *SŬFĔRĔRE → sufrir
  • SOCRUS → SŎCRA → sogra
  • DIES → *DIA → día
  • POSSE → *PŎTĒRE

Palabras diferentes entre o latín clásico e o vulgar, de orixes diversas pola composición heteroxénea do Imperio:

  • LOQUI, FARI → FABULARE → falar
  • DOMUS → CASA → casa
  • OS → BŬCCA → boca
  • OSCULUS → BASIUS → beixo
  • INVENIRE → AFFLARE → achar

Con todo, o latín vulgar xa traía grecismos e xermanismos incorporados no seu sistema que conformaban o adstrato do latín:

  • CAPUT → CARA → cara
  • GLADIS → SPATHA → espada
  • FUNIS → CHORDA → corda
  • LAPIS → PETRA → pedra

Ver tamén

More about Lingua_latina: exercitia i i latina latina lingua par, colloquium latina lingua personarum, grammatica i i latina latina lingua part, world lingua latina, latina lingua looking, latina lingua romani sermones, lingua latina vita communis, lingua latina per se illustrata, 2 aeterna index latina lingua par roma,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.