Lingua dinamarquesa

Article on other languages:

Dinamarqués (Dansk)
Falado en: Dinamarca (incluíndo Grenlandia e Illas Feroe), en parte fronteiriza de Alemaña]]
Rexións: Europa
Total de falantes: 5,5 millóns
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Clasificación xenética: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica setentrional
   Escandinava
    Escandinava oriental
     Dinamarqués
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Dinamarca
Grenlandia
Illas Feroe
Unión Europea
Consello Nórdico
Regulado por: Dansk Sprognævn (Comité da Lingua Dinamarquesa)
Códigos de lingua
ISO 639-1: da
ISO 639-2: dan
ISO 639-3: dan

O dinamarqués é unha lingua xermánica falada principalmente na Dinamarca, na Grenlandia, nas Illas Feroe e en partes do norte da Alemaña. É tamén unha das linguas oficiais da Unión Europea.É unha lingua escandinava , bastante parecida co noruegués e o sueco — os falantes de dinamarqués, noruegués e sueco compréndense entre eles con certa facilidade.

Índice

Historia

Os primeiros textos en dinamarqués datan de cerca de 1200 . A fins do século XIV a raíña Margareth I decidiu trocar o latín, que era a lingua administrativa, polo dinamarqués.

O dinamarqués moderno desenvolveuse a partir da lingua escrita durante o período da Reforma Protestante, fortemente influenciado nos séculos XVII e XVIII polo dialecto falado polos habitantes de Copenhague, centro cultural, económico e político da nación.

A historia da lingua dinamarquesa divídese en tres períodos:

  • Dinamarqués antigo (cerca de 800-1100), que corresponde en gran parte á época Viquinga;
  • Dinamarqués medio (cerca de 1100-1525), que corresponde á Idade Media;
  • Dinamarqués moderno (a partir de 1525), despois da Reforma ata os días actuais.

De todas as linguas escandinavas, a dinamarquesa é a que se afastou máis das súas raíces comúns escandinavas, sobre todo pola localización xeográfica da Dinamarca que forma unha ponte entre os países nórdicos e a Europa continental.

Dialectos

Os dialectos dinamarqueses divídense tradicionalmente en tres amplos grupos:

  • Jysk (Xutlandia)
  • Omál (dinamarqués insular, falados nas illas Fionia, Celandia, e nas illas menores ao sur)
  • Bomholmsk (na illa de Bomholm, ao sur da Suecia).

Unha das características máis distintiva da pronuncia dinamarquesa, o stod ou oclusión glótica, cuxo uso varía dependendo da rexión, ten sido utilizada polos lingüistas para diferenciar as variantes dialectais.

Gramática

A orde da oración é suxeito, verbo e obxecto, aínda que, como complemento, verbo e suxeito sexan utilizados para dar énfase.

O dinamarqués moderno posúe dous casos (nominativo e xenitivo) e dous xéneros (masculino e feminino). Unha das súas características peculiares é o seu modo de articulación sonora, que tivo orixe no acento tónico. O acento tónico está sempre na primeira sílaba da palabra raíz.

O dinamarqués posúe dous xéneros: común e neutro. O artigo determinado é -en para substantivos comúns e -et para os neutros, sendo -ene a forma de plural para ambos os xéneros.

A partícula negativa é o adverbio ikke.

Os verbos son transitivos ou intransitivos, tendo voces activa e pasiva e modos indicativo e imperativo con vestixios do subxuntivo.

Vocabulario

Algunhas palabras e frases comúns en dinamarqués:

  • Olá - hej, goddag, dav(s)
  • Adeus - farbel, hej-hej
  • Onde fica...? - hvor ligger...?
  • ... a casa de baño - badeværelset.
  • ... o hospital - hospitalet/sygehuset.
  • Fala (vostede) español? - taler De spansk?
  • Obrigado! - tak!
  • De nada - tak i lige måde/ingen årsag
  • Canto custa? - hvor meget koster det?
  • Si - ja ou jo
  • Non - nej

Os números do un a vinte en dinamarqués son:

en to tre fire fem seks syv otte ni ti elleve tolv tretten fjorten femten seksten sytten atten nitten tyve.

Ligazóns externas

En inglés:

Linguas oficiais da Unión Europea
Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés
Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés
Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.