Lingua darí

Article on other languages:

Modelo:ATENCION Modelo:TRABALLANDO

Darí (دری)
Pronuncia: /dæˈɾi/
Outros nomes: Darí persa, Persa afgano
Falado en: Afganistán
Rexións: Do sureste ao nordeste do Afganistán
Total de falantes: 8.000.000 (con tódalas variedades)
Clasificación xenética: Indoeuropea
 Irania
  occidentais
   occidentais meridionais
    Rama persa
     Darí
Escrita: Escrita perso-arábiga
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Si
Regulado por: Academia das Ciencias de Afganistán
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: -
ISO 639-3: prs
SIL: prs
[[Imaxe:]].

O darí (en darí دری, pronunciado /dæˈɾi/) é unha das linguas iranias falada en Afganistán, é ademais lingua oficial xunto co paxtún. Tamén é coñecido coma persa darí (en darí فارسی دری, pronunciado /fɒːɾsije dæˈɾi/) ou persa afgano. É a principal lingua do país, falada polo 60% da poboación (se xuntamos o aimaq, o hazaraguí e o propio darí) principalmente no sur e centro do país, e preto de Kabul. É a principal lingua de comunicación dos pobos taxico, hazara e aimaq. A lingua serve á súa vez coma medio de comunicación entre diferentes pobos do Afganistán.

A sintaxe darí non o defire moito do persa, aínda que o acento forte sexa menos expresivo no persa afgán do que no persa iraniano. Moitos lingüístas (incluídos lingüístas iranianos) consideran o darí como unha lingua ou un dialecto aparte; eles o consideran a lingua escrita e chaman persa ou mellor dito persa afgano á lingua falada. Entre os motivos para isto están:

  • o darí existe hai séculos, antes mesmo de existir o Afganistán; e as diferenzas fonéticas e léxicas entre Irán e Afganistán causan máis que algunha difilcutade na comprensión.
  • o termo é usado por estudosos iranianos e taxicos para se referir à lingua persa media que se desenvolveu en Afganistán;
  • afgán, no seu sentido orixinal, refírese soamente aos paxtúns, que non falan persa, mais si o paxtún.
  • a lingua darí falada no Afganistán é diferente da falada polos zoroástricos que viven en Yazd e Kerman, no Irán, a cal é tamén chamada de darí ou gabrí.
  • moitos falantes de darí son tamén capaces de falar e entender linguas de países veciños, tais como a India.

O darí xunto co taxico (falado no norte de Afganistán ata o mesmo Kabul) son dialectos do persa coma o propio persa o é de si mesmo, é dicir o persa antigo (525 a.C. - 300 a.C., periodo aqueménida) derivou no persa medio (300 a.C.-800 d.C., periodo sasánido, escritura pahlaví), e este á súa vez derivou no persa moderno (800 a.C.-ata hoxe en día, escritura perso-arábiga). Durante estes 1.200 anos é onde se desenvolve o periodo clásico da lingua persa e a lingua vai evolucionando enormemente ao longo do tempo formándose á súa vez o darí, o taxico e modelándose o que se coñece hoxe coma parsí(pronunciación árabe) ou farsí (pronunciación autóctona) o persa contemporáneo enriquecéndose todas elas con empréstimos ingleses, franceses e rusas, principalmente, coma en calquera outra lingua. Hoxe en día é a Academia Afgana das Ciencias a encarregada da fixación do darí.

O darí conta con varios dialectos: o heratí, o parsiwan, o khorasaní ,o aimaq, o harzaraguí, o taxiquí e o cabolí. A principal diferenza do aimaq e o hazaraguí é que contan con moito vocabulario das linguas túrquicas e mongoles, e o cabolí e o taxiquí están moitísimo máis próximos ao taxico que ao darí.

Índice

Fonética

O sistema vocálico

O darí consta de 8 vogais, das que 5 son longas /ī ē ū ō ā/ e estables 3 son curtas /a e o/ e inestables.

Transcripción IFA
Anterior Posterior
Pechada   i u
Semipechada ɪ        ʊ
Medio aberta    ɛ ɔ  
aberta a      ɒ
     
Transcripción latina
Anterior Posterior
Pechada    ī ū
Semipechada e        o
Medio aberta    ē ō  
aberta a     ā

O vocalismo literario é bastante conservador en comparación co persa e taxico e é máis próximo ao taxico (aínda que nos dialectos o vocalismo pode ser máis simplificado).

Na táboa seguinte amósase o desenvolvemento do vocalismo entre as linguas de orixe pérsida:

Persa clásico ā a ē i ī ō u ū
Persa moderno ā a ī e ī ū o ū
Darí ā a ē e i ō o u
Hazaraguí o a e i i ū u u
Taxico o a e i i ů u u

Obsérvese como a medida que avanzamos cara o norte o vocalismo vaise parencedo ao taxico mentres que cara ao sur parécese máis ao persa.

Sistema consonántico

Ligazón externa

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.