|
Article on other languages:
|
O castelán, ou español, é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a terceira lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e do inglés.
NomesEsta lingua derivada do latín ten dous nomes, español e castelán. Este último é o preferido dentro do territorio de España debido á presenza doutras linguas cooficiais (galego, catalán, éuscaro...); o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional. O contexto de uso da palabra inflúe na escolla dunha forma ou outra, pois cando se usa en contraste con outra lingua cooficial adoita usarse castelán, mentres que en contextos internacionais é habitual usar español (esta tendencia vese máis esaxerada aínda nas traducións equivalentes en linguas de fóra da península). HistoriaO nacemento da lingua castelá pode situarse na época da Reconquista, en terras de Cantabria. Ó longo de toda a Idade Media, estendeuse por España ó mesmo tempo que o reino de Castela ía arrebatando terreos a Al-Andalus. E moi parecido a o que se falba na Hespaña visigótica antes da desastrosa lid de Guadalete. A posterior política centralizadora dos reis da España unificada (dende os Reis Católicos) levouna a converterse, durante moitos anos, na lingua de prestixio en todo o territorio do Estado, tanto na metrópole como nas colonias en América, Filipinas, etc. Na actualidade, atópase estendida pola meirande parte do territorio de España e América Central e do Sur (agás Brasil e outros estados como Surinam, Güiana, Güiana Francesa, etc.). Conta con importantes comunidades de falantes en Estados Unidos e moitos outros lugares do mundo. Variantes e lingua estándarDebido á grande extensión dos territorios nos que é falada, a lingua castelá conta cunha importante variedade dialectal. Así e todo, as diferenzas entre dialectos non son tan grandes como para prexudicar gravemente á intercomprensión. A Real Academia Española é a encargada de establece-la forma estándar do castelán. Tradicionalmente, baseouse na fala peninsular para facelo; nos últimos anos, levou a cabo un importante labor para incluír tódalas variedades americanas dentro do seu dicionario e a súa gramática. Os pronomes persoais de segunda persoa son un dos principais elementos de diferenciación entre dialectos. Na maioría da España peninsular, utilízase tú para o singular e vosotros para o plural, reservando as formas usted e ustedes para o trato formal. En toda América Latina, existe unha única forma de plural na segunda persoa (ustedes); en Arxentina, Uruguai e Paraguai, utilízase vos para a segunda persoa singular (este uso aparece tamén en moitos outros países latinoamericanos, pero non se atopa tan estendido a tódolos niveis sociais coma neses tres). Existen tamén diferenzas fonéticas (coma o seseo) e léxicas. Trazos caracterizadores respecto doutras linguas románicas
Táboa de vocabularioEsta táboa presenta unha comparativa do castelán con outras linguas romances.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.