Leucocito

Article on other languages:

Os leucocitos (tamén chamados glóbulos brancos) son un conxunto heteroxéneo de células sanguíneas que son os efectores celulares da resposta inmune. Interveñen na defensa do organismo contra substancias estrañas ou axentes infecciosos (antíxenos). Orixínanse na medula ósea e no tecido linfático.

Os leucocitos son células móbiles que se atopan no sangue transitoriamente. Forman a fracción celular dos elementos figurados do sangue. Son os representantes hemáticos a serie branca. A diferenza dos eritrocitos (glóbulos vermellos), non conteñen pigmentos, polo que se coñecen como glóbulos brancos.

Son células con núcleo, mitocondrias e outros orgánulos celulares. Son capaces de se mover libremente mediante pseudópodos. O seu tamaño oscila entre os 8 e 20 ?m. O seu tempo de vida varía dende algunhas horas, meses e ata anos. Estas células poden saír dos vasos sanguíneos a través dun mecanismo chamado diapédese (prolongan o seu contido citoplasmático), isto permítelles desprazarse fóra do vaso sanguíneo e poder ter contacto cos tecidos do interior do corpo.

Clasificación

Segundo a forma do núcleo clasifícanse en:

  • Polimorfonucleares. O seu núcleo adoita estar lobulado (xeralmente en tres segmentos).
  • Monomorfonucleares (mal chamados mononucleares). Presenta un núcleo compacto e individualizado.

A observación a través do microscopio permitiu clarificalos segundo as súas características en:

A pesar destas clasificacións e diferenzas entre os leucocitos, todos se relacionan cos mecanismos defensivos do organismo.

Véxase tamén

Ligazóns

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.