|
Article on other languages:
|
Os seus 510.651 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia (datos do 30 de setembro do 2007). A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros. O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia. En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola Orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo Coro da igrexa de Santo Tomás. Na historia recente, son significativas as Manifestacións dos Luns de 1989, que impulsaron mediante unha revolución pacífica a reunificación alemá. Referencias
More about Leipzig: wave gotik treffen leipzig, leipzig germany, leipzig vacation, flight to leipzig, leipzig zoo, leipzig messe, uni leipzig, leipzig party, leipzig stadtrundgang, |
||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.