|
Article on other languages: |
Laponia (Sápmi en sami, Lappi en finlandés, Lappland en sueco e noruegués) é o nome dunha rexión cultural habitada polo pobo dos sami.
O territorio no cal se asentan os sami nunca tivo unidade como estado, e hoxe en día este territorio está repartido entre Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia. En concreto, Laponia comprende o norte da Península Escandinava; composta por Suecia, Noruega e unha parte de Finlandia; asemade da Península de Kola. Actualmente os sami son tan só unha minoría na rexión de Laponia.
ÁreaA área que abrangue Laponia exténdese principalmente ao norte do Círculo Polar Ártico. A parte occidental é unha área de fiordes, vales profundos, glaciares e montañas; sendo o Monte Kebnekaise, na Laponia Sueca, o punto de maior altitude, con 2.111 m. Máis ao leste, o terreo é unha baixa meseta que contén pantanos e lagos; dos cales o máis grande e importante é o Lago Inari, na Laponia Finlandesa. A parte máis oriental exténdese pola rexión onde se dá a tundra. ClimaO clima desta rexión do norte de Europa é subártico con escasa vexetación, agás na zona meridional que está ricamente arborada. A costa montañosa occidental ten uns invernos moito máis suaves e máis precipitacións que as áreas que se atopan ao leste da cadea montañosa. A rexión contén importantes xacementos de minerais, en concreto; ferro en Suecia, cobre en Noruega, e níquel e apatita en Rusia. A fauna está composta principalmente por renos, lobos, osos, así como de aves mariñas e terrestres. Na rexión hai numerosas explotacións pesqueiras, tanto nos ríos coma no mar. Nalgúns lagos viaxan barcos de vapor e algúns portos están libres de xeo durante todo o ano. Todos os portos no Mar de Noruega e no Mar de Barents ata Murmansk están libres de xeo todo o ano. O Golfo de Bothnia acostuma conxelarse no inverno. DenominaciónNa Galiza o termo co que tradicionalmente se coñece a esta rexión é o de Laponia, empregándose o adxectivo lapón para a persoa ou lingua(s) orixinarias desta rexión. Mais ha de terse en conta a orixe pexorativa da palabra lapón; en noruegués e sueco lapp significa farrapo ou anaco de tea co que se remenda unha peza de roupa. Cómpre sinalar que os sami empregan a palabra Sápmi para se referir á rexión na que habitan. HistoriaTéñense atopado restos en Sápmi dunha cultura baseada na caza e na pesca que datan do Neolítico. Os sami empezaron a poboar a rexión a partir do ano 100 a.C. Dende o S.XVII os sami comezaron a ser arrecunchados cara ao norte pola poboación campesiña de Suecia. Pasaron da caza do reno á súa cría, e deixaron de ser nómades mudando ao sedentarismo. A cristianización dos sami foi un proceso moi lento e longo; as primeiras igrexas foron construídas no S.XII polos noruegueses, mais a verdadeira expansión do cristianismo chegou no S.XVIII, sen que puidese chegar a substituír o anismo, que segue a existir aínda hoxe. O pobo dos samiOs sami son unha minoría étnica asentada na rexión de Laponia. Segundo o Parlamento Sami Sueco a poboación estimada é dunhas 70.000 persoas sami en Laponia. Á parte, outros sami viven espallados na costa e nos fiordes, e moitos están asentados en aldeas en vales e á beira de lagos onde a pesca é abundante. Tras a caída da Unión Soviética comezouse a dar unha cooperación transfronteiriza entre os estados, facendo que as fronteiras pasasen a ter menos importancia e permitindo o movemento de individuos sami, e tamén para os que non o son pero si viven na zona. Malia seren os sami unha minoría, a maioría das xentes que habitan a rexión teñen algún devanceiro deste grupo étnico, aínda que a meirande parte deles se identifique co seu país de residencia. A súa lingua é o sami (tradicionalmente coñecido como lapón) e que pertence ao tronco Fino-Úgrico, ao que tamén pertencen o finlandés e o húngaro. Algúns lingüistas consideran o sami como unha lingua con nove dialectos, mentres que para outros que se basean nas dificultades de inter-comprensión entre os dialectos, trátase de varias linguas sami diferenciadas. A súa rica cultura ten poesía, música (o joik), lendas e vestimentas de seu. Dentro das vestimentas que usan están os bellinger, pantalóns feitos con pel de reno, e os skallers, calzado feito tamén con pel de reno. Os municipios de Gällivare, Jokkmokk e Arjeplog na Laponia Sueca foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996. Mari Boine é unha música de orixe sami que introduciu o joik (joiku en finlandés) na escena do jazz e das músicas do mundo. O Parlamento SamiA Laponia está caracterizada por unha identitade semi-nacional que é especial e transcende as fronteiras entre Suecia, Noruega, Finlandia e Rusia. Porén non existe un movemento que persiga a autonomía total. Os parlamentos sami fundados en Noruega (1989), Suecia (1993) e Finlandia (1996) teñen moi pouca influencia na política. Formalmente son autoridades políticas que están rexidas polos gobernos escandinavos, pero teñen representantes parlamentares elixidos democraticamente. A súa función é velar pola cultura sami. A miúdo as promesas electorais dos candidatos chocan coa submisión ás institucións dos seus gobernos. Pero ao seren autoridades, si que teñen algunha influencia no goberno. Rusia non contempla o recoñecemento dos dereitos desta minoría étnica. Fronte a isto, a postura de Suecia é activa por dúas razóns:
Divisións administrativas
BandeiraA bandeira sami foi presentada durante a Conferencia Sami que tivo lugar en Åre, Suecia, o 15 de agosto de 1986. Para a súa elección convocouse un concurso no que se recibiron moitas suxestións, resultando gañadora a artista Astrid Båhl de Skibotn, Noruega. O motivo deriva do influxo do tambor do xamán e do poema "Paiven parneh" ("Fillos do sol"), composto polo sami meridional Anders Fjellner (1795-1876), quen describiu aos sami coma fillos e fillas do sol. O círculo da bandeira representa o sol (en vermello) e a lúa (en azul). A bandeira contén as cores sami; vermello, verde, amarelo e azul.
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.