|
Article on other languages:
|
Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina). Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.
Aos lagos de pequenas dimensións chámaselles 'estanques', e os máis pequenos aínda, 'pozas', 'poceiras' ou 'charcas'. Os lagos maiores, sen saída marítima, son tamén chamados mares interiores, como o mar Caspio; regra con moitas excepcións, falando tamén de Mar Morto e do Gran Lago Salgado. A súa profundidade tamén varía desde alguns centímetros ata varias centenas de metros - o Lago Baikal, na Siberia, é o máis profundo do mundo, con 1743 metros. A orixe dos lagos é variábel e depende da xeomorfoloxía do terreo. Poden ser de orixe tectónica, ou sexa, teren sido formados por fenómenos xeolóxicos, ou poden ter sido formados pola erosión do terreo, ben por fenómenos climáticos, ou ben pola acción de ríos ou glaciares. En zonas como a Antártida, poden existir lagos sub-glaciares, isto é, debaixo do xelo, como o Lago Vostok. Un lago pódese formar nun cráter antigo, como a caldeira do 'Cráter Lake', nos Estados Unidos de América. É importante non confundir un lago cunha planicie de inundación, que ten unha orixe e unha dinámica diferente. Á volta dun lago, porén, pode existir unha planicie de inundación. O estudo ecolóxico dos lagos é a limnoloxía. Con moita frecuencia, o lago ten un 'emisario', por onde a auga se coa en sentido ao mar.
Lagos máis grandes da Terra
Lagos fóra da TerraHai probas da existencia de lagos extraterrestres, tales como os lagos de metano que a NASA informou (áo retornar a sonda Cassini) que existían en Titán, unha lúa de Saturno. Vexa taménLista de lagos por continenteLigazóns externasMore about Lago: lago di garda, lago maggiore, mar a lago, lago vista, liliana lago, lago land, immobilien lago maggiore, ferienhaus lago maggiore, lago maggiore wohnung, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.