|
Article on other languages:
|
A droga LSD é un composto cristalino, relacionado estreitamente cos alcaloides do cornizó do centeo, a partir dos cales pode prepararse semisinteticamente. É a substancia psicotrópica máis potente que se coñece, e induce estados alterados de consciencia, comparados en ocasións cos da esquizofrenia ou a experiencia mística. A palabra LSD é un xermanismo. Xurdiu como acrónimo de Lyserg Säure-Diäthylamid 25, dietilamida de ácido lisérxico. Aínda que o uso xeral escolleu a forma masculina, tería máis sentido falar de a LSD, pois dietilamida é un vocablo feminino.
DosificaciónA LSD é unha das drogas de uso común máis potentes. Tanto os informes subxectivos como os métodos farmacológicos determinan que a LSD é ao redor de 100 veces máis potente que psilocibina e psilocina e ao redor de 4000 veces máis potente que a mescalina. As doses de LSD mídense en microgramos (µg), ou millonésimas de gramo. Por comparación, as doses de case todo o resto de drogas, médicas ou de lecer, mídense en miligramos, ou milésimas de gramo. A dose coa que se producirá un notable efecto alucinóxeno en humanos é xeralmente de 25 microgramos. A finais dos noventa, a LSD obtida durante as operacións antidroga en Estados Unidos varía usualmente entre os 20 e 80 microgramos por doses. Durante os anos sesenta, as doses eran comunmente de 300 microgramos ou máis. Os efectos da droga son marcadamente máis evidentes en doses máis altas. HistoriaCoñécese dende hai 69 anos, en 1938. Foi utilizada para tratar pacientes alcólicos. Comezou a empregarse en 1943. Gañou popularidade na década dos 60, sendo o seu consumo culturalmente asociado ao movemento psicodélico, sobre todo nos Estados Unidos. Na época non era considerada prexudicial para a saúde, de tal modo que os médicos ata a recomendaban. PresentaciónA LSD é un material claro ou branco, inodoro e solúbel na auga. Prodúcese en forma cristalina. EfectosA LSD é un composto químico que pode alterar o pensamento, humor e percepción do individuo que a toma. Trastornos físicos
Transtornos psíquicos
CuriosidadesUnha das máis afamadas cancións de The Beatles, Lucy in the sky with diamonds, foi relacionada con esta droga, querendo ver nas iniciais do título a mensaxe de que en realidade pretendía ser unha loa da LSD.
|
|||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.