Moeda sostida enriba da auga pola tensión superficial
O líquido é un dos catro estados da materia, un líquido é un fluído cuxo volume é constante en condicións de temperatura e presión constante e a súa forma é definida polo recipiente que o contén. é unha substancia que presenta un estado da materia intermedio entre os estados sólido e gasoso.
Un líquido exerce presión no recipiente con igual magnitude cara a tódolos lados. Se un líquido se encontra en repouso, a presión que exerce está dada por:
p = ρgz
Onde ρ é a densidade do líquido e z é a distancia do punto debaixo da superficie.
Características dos líquidos
Los líquidos presentan tensión superficial e capilaridade, xeralmente se expanden cando se incrementa a súa temperatura e se comprimen cando se arrefrían. Os obxectos inmersos nalgún líquido están sometidos a un fenómeno coñecido como flotabilidade.
As moléculas no estado líquido ocupan posicións ó azar que varían co tempo. As distancias intermoleculares son constantes dentro dunha estreita marxe.
Por medio da destilación fraccionada, os líquidos poden separarse entre si ó evaporarse cada un ó atinxir os seus respectivos puntos de ebulición. A cohesión entre as moléculas dun líquido non é o suficientemente forte polo que as moléculas superficiais pódense evaporar.
As moléculas dos líquidos non están tan próximas como as dos sólidos, pero están menos separadas cás dos gases.
Nalgúns líquidos, as moléculas teñen unha orientación preferente, o que fai que o líquido presente propiedades anisotrópicas (propiedades, como o índice de refracción, que varían segundo a dirección dentro do material).
En condicións apropiadas de temperatura e presión, a maioría das substancias pode existir en estado líquido. A determinadas presións atmosféricas, así a todo, algúns sólidos se subliman ó quentarse; é dicir, pasan directamente do estado sólido ó estado gasoso (véxase Evaporación).
A densidade dos líquidos acostuma ser algo menor que a densidade da mesma sustancia en estado sólido. Algunhas sustancias, como a auga, son máis densas en estado líquido.
Os líquidos caracterízanse por unha resistencia ó fluxo chamada viscosidade. A viscosidade dun líquido diminúe ó aumentar a temperatura e aumenta ó crecer a presión. A viscosidade tamén está relacionada coa complexidade das moléculas que constitúen o líquido: é baixa nos gases inertes licuados e alta nos aceites pesados.
A presión dun vapor en equilibrio coa súa forma líquida, a chamada presión de vapor, só depende da temperatura; o seu valor a unha temperatura dada é unha propiedade característica de cada líquido. Tamén o son o punto de ebulición, o punto de solidificación e a calor de vaporización (esencialmente, a calor necesaria para transformar en vapor unha determinada cantidade de líquido).
En certas condicións, un líquido pode quentarse por enriba do seu punto de ebulición; os líquidos nese estado denomínanse superquentados. Tamén é posible arrefriar un líquido por debaixo do seu punto de conxelación.