|
Article on other languages:
|
Molécula de colesterol
Os lípidos, compostos químicos imprescindibles para o bo funcionamento dos seres vivos, son un conxunto de moléculas orgánicas, a maioría biomoléculas, compostas principalmente por carbono, hidróxeno e osíxeno, aínda que tamén poden conter fósforo, azufre e nitróxeno. Teñen como característica principal o seren hidrofóbicas (insolúbeis en auga) e solúbeis en disolventes orgánicos, coma a bencina. EstruturaOs lípidos son biomacromoléculas. Mentres que uns forman cadeas con outros compostos converténdose en compostos insaturados, moléculas alifáticas liñais, outros teñen estrutura de anel. Algúns son aromáticos, mentres que outros non o son. Algúns son flexíbeis, mentres que outros son ríxidos ou semiflexíbeis ata chegaren case a unha total flexibilidade molecular. Algúns comparten átomos de carbono libres e outros forman pontes de hidróxeno. A maioría dos lípidos teñen algún tipo de carácter polar, ademais de posuíren unha gran parte apolar. Xeralmente o "vulto" que posúen na súa estrutura é non polar ou hidrofóbico ("que lle teme á auga" ou "rexeita a auga"), o que significa que non interactúan ben con solventes polares como a auga. Outra parte da súa estrutura é polar o hidrofílica ("que ama a auga" ou "goza na presenza da auga") e tenderá a asociarse con solventes polares como a auga. Isto fainos moléculas anfipáticas (que teñen porcións hidrofóbicas e hidrofílicas). No caso do colesterol, o grupo polar é só un -OH (hidroxilo ou alcol). No caso dos fosfolípidos, os grupos polares son considerabelmente máis longos e máis polares.
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.