Lévedo

Article on other languages:

Denomínase lévedo a calquera dos diversos fungos microscópicos unicelulares que son importantes pola súa capacidade para realizar a fermentación de hidratos de carbono, producindo distintas substancias.


Pódense reproducir asexualmente ou sexualmente. Durante a reprodución asexual, un brote novo crece fóra do lévedo nai cando se dan as condicións apropiadas, entón, despois de que o brote alcance un tamaño do adulto, sepárase. Cando os nutrientes son escasos os lévedos son capaces da reprodución sexual por medio de esporas.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.