|
Article on other languages:
|
KoЯn é unha banda de nu metal de Bakersfield, California, Estados Unidos. Xunto con outros grupos da época, inspiraron a moitos dos grupos de nu metal e metal alternativo dos 90 e os comezos do 2000[1]. O grupo conseguiu debutar nove veces consecutivas entre os dez primeiros da lista de éxitos Billboard[2]. Ata o día de hoxe o grupo vendeu máis de 30 millóns de álbums no mundo enteiro, sendo 16 millóns e medio os vendidos nos Estados Unidos[3], e foi nominado 6 veces aos premios Grammy, gañando dous deles[4]. Están considerados por moitos coma os creadores do xénero nu metal, aínda que nunha entrevista a Jonathan Davis este afirmou:
HistoriaFormación (1993-1995)Korn formouse trala disolución do grupo L.A.P.D. Reginald Arvizu, James Shaffer, e David Silveria decidiron continuar coma grupo, xuntándose co guitarrista Brian Welch e buscando un cantante. Jonathan Davis uníuse a eles en 1993 e púxeronlle o nome de Korn ao novo grupo. Máis tarde en 1993, comezaron a traballar co productor Ross Robinson, gravando o EP Neidermeyer's Mind ese mismo ano. Contiña catro temas: "Predictable", "Blind", "Daddy", e "Alive". Paul Pontius de Immortal/Epic Records firmou un contrato con eles, e comezaron a traballar no seu primeiro LP Korn. "Blind" foi o primeiro sinxelo do álbum. O disco foi lanzado o 11 de outubro de 1994, pero o grupo tivo moi pouco apoio das cadeas de radio e televisión, pero conseguiron un gran número de fans[1]. Gracias ao apoio destes fans o grupo acadou o número 72 na lista de éxtios Billboard en 1996[2]. A súa primeira nominación aos Grammy foi polo tema "Shoots and Ladders"[6]. Life Is Peachy (1996-1997)O segundo disco do grupo, Life is Peachy, foi lanzado o 15 de outubro de 1996, tendo un son máis escuro que o seu disco anterior [7]. Tamén gravaron dúas versións, Low Rider do grupo War, e Wicked de Ice Cube, esta última xunto ao vocalista Chino Moreno do grupo Deftones. Life Is Peachy vendeu máis de 106.000 copias na primeira semana e acadou o número 3 na lista de éxitos Billboard[2]. O primeiro sinxelo, "No Place to Hide" recibíu unha nominación aos Grammy[6]. "A.D.I.D.A.S." foi o segundo sinxelo. O título parece facer referencia á marca de roupa Adidas, pero realmente é un acrónimo do "All Day I Dream About Sex" (en inglés: "Soño todo o día có sexo"). A popularidade do grupo medrou ao encabezar o festival de música Lollapalooza de 1997 xunto ao grupo Tool, aínda que non puideron asistir xa que a Munky diagnosticóuselle unha meninxite[8]. A finais de 1997, Korn formou o seu propio sélo discográfico, "Elementree Records", asinando a grupos coma Videodrone e Orgy. Follow the Leader (1998-1999)Korn sacou o seu terceiro álbum Follow the leader o 18 de agosto de 1998, no que participaron tamén outros cantantes coma Ice Cube, Tre Hardson, Fred Durst do grupo Limp Bizkit e o actor Cheech Marin no tema agochado "Earache My Eye". O disco tivo un gran éxito, debutando no número 1 da lista Billboard con 268.000 copias vendidas na súa primeira semana.[9]. Os sinxelos deste álbum foron "Got the Life" e "Freak on a Leash". "Got the Life" foi o primeiro videoclip retirado na histria da MTV[10]. "Freak on a Leash" gañou un Grammy polo mellor video musical e unha nominación á mellor actuación de hard rock[11]. O vídeo tamén recibíu nove nominacións aos premios da MTV, nas categorías de vídeo do ano, mellor vídeo de rock, mellor dirección e mellores efectos especiais entre outras, gañando dous dos premios[12]. No mesmo ano o grupo comezou unha xira anual chamada Family Values Tour. Korn encabezaba a xira xunto a Incubus, Orgy, Limp Bizkit, Ice Cube, e Rammstein. En 1999, Limp Bizkit encabezou a xira xunto a Primus, Staind, The Crystal Method, Method Man & Redman, e Filter. Korn non aparecían no cartel e só facían aparicións sorpresa nesta edición. Issues (1999-2001)O cuarto álbum do grupo Issues, producido por Brendan O'Brien, saíu ao mercado o 16 de novembro de 1999. O deseño da portada realizouno Alfredo Carlos tras gañar un concurso da MTV[13]. O disco debutou no número 1 da lista Billboard con máis de 573.000 copias vendidas[14]. Anteriormente Korn aparecera nun episodio de South Park, no que sonou o primeiro sinxelo de Issues, "Falling Away from Me"[15]. Take a Look in the Mirror e Greatest Hits (2003-2005)O sexto álbum do grupo, Take a Look in the Mirror saíu ao mercado o 21 de novembro do 2003,[16]. Eles mesmos produciron o álbum, e lanzaron os sinxelos "Right Now", "Y'All Want a Single" e "Everything I've Known". O álbum foi número 9 na lista Billboard, vendendo unhas 179.000 copias na súa primeira semana. O disco de grandes éxitos do grupo, Greatest Hits, Volume 1, saíu á venda o 5 de outubro do 2004, debutando no número 4 da lista Billboard e vendendo máis de 129.000 copias. Os dous sinxelos do disco foron o primeiro unha versión do tema "Word Up!" de Cameo, e o segundo unha versión da canción de Pink Floyd "Another Brick in the Wall". Posteriormente Brian "Head" Welch anunciou que deixaba o grupo argumentando:
See You on the Other Side (2005-2006)O álbum See You on the Other Side foi lanzado ao mercado o 6 de decembro de 2005, debutando no número 3 na lista Billboard, permanecendo entre os 100 primeiros da lista durante 34 semanas consecutivas. O primeiro sinxelo foi "Twisted Transistor", sendo Dave Meyers o director do vídeo musical. Neste, os rapeiros Xzibit, Lil' Jon, Snoop Dogg e David Banner facíanse pasar polos integrantes de Korn. O anuncio da volta do Family Values Tour fíxose o 18 de abril do 2006, compartindo cartel con Deftones, Stone Sour, Flyleaf, e Dir en grey[18]. Korn e Evanescence encabezaron o cartel na edición do 2007, xunto a Atreyu, Hellyeah, e Trivium[19]. Membros
Antigos Membros
Discografía
Referencias
Véxase TaménLigazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.