|
Article on other languages:
|
O kelvin (símbolo: K) é a unidade SI de temperatura e é unha das sete unidades-base do SI. É definida por dous feitos: cero kelvin é o cero absoluto (cando paran completamente os movimentos moleculares), e un kelvin é a fracción 1/273.16 da temperatura termodinámica do ponto triplo da auga (0.01°C). A escala de temperaturas Celsius é hoxe definida en función do kelvin. O kelvin recebeu este nome en honra do físico e enxeñeiro Willian Thomson, que se tornou lord kelvin cando foi feito par do reino. En canto unidade SI, o kelvin é escrito cun k minúsculo (excepto, claro, no comezo das frases) e non debe ser precedido polas palabras grao ou graos ou o símbolo °, como os graos Celsius ou Fahrenheit. Isto acontece porque estas son escalas de medición, encanto que o kelvin é unha unidade de medición. Cando o kelvin foi introducido en 1954 (na 10ª CGPM, Resolución 3, CR 79), recebeu o nome de grao Kelvin e o símbolo °K; o "grao" (°) foi removido en 1967 (13ª CGPM, Resolución 3, CR 104). Note que o símbolo para o kelvin é sempre un K maiúsculo e nunca é escrito en itálico. More about Kelvin: kelvin grant, kelvin hayden, kelvin scale, lord kelvin, kelvin sampson, kelvin temperature scale, convert celsius to kelvin, kelvin klein, freezing temperature of kelvin, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.