Jazz

Article on other languages:

Banda de Jazz no Market Cafe en Nova Orleáns

O Jazz naceu no período entre 1890 e 1910 en Nova Orleáns. A súas raíces remontan á música dos negros e crioulos dos Estados Unidos desde as súas épocas como escravos que datan pouco antes de 1850. As influencias nomean o ragtime, as worksongs músicas cantadas polos negros ao traballaren e o blues, principalmente, non se sabe moi ben como era esta música anterior a 1910, o primeiro músico do que se ten noticia é Buddy Bolden, do que só se conservan unha foto e as opinións dos seus compañeiros, que falan dun virtuoso cun son potente e limpo.

A música que se tocaba polas rúas e nos bordeis de nova Orleáns era festiva e desenfadada, tocada principalmente por músicos negros e crioulos. A maioría eran marchas e a instrumentación era a propia deste estilo: a tuba levaba o ritmo, e a corneta, clarinete e trombón tecían as melodías. Cando tocaban nun local, uníaselles piano, banjo e axiña un novo instrumento, criado especialmente para a nova música: a batería (que aqui durante moitos anos se chamou jazz band). O característico deste estilo que continúa até hoxe (co nome de Dixieland ou New Orleans) era a improvisación colectiva: a corneta toca unha melodía adornada por riba polo clarinete e complementada polos contracantos do trombón, todo sobre unha rítmica sólida e sincopada de batería, tuba ou contrabaixo, piano e banjo ou guitarra, a escritura non conta para nada, é unha arte puramente auditiva, a súa liberdade creadora vai máis alá da do compositor clásico, dúas versións distintas dun tema son dúas obras distintas; cando existe a composición e a escritura son elementos auxiliares da música jazz xa que a súa forma final depende da adaptación do músico ao lugar e ao momento onde ten lugar a actuación. Esta música foi gañando popularidade e foise estendendo cara ao Norte por Saint Louis e Chicago (di a lenda que o feche dos bordeis de Storyville en 1917 foi a causa desta emigración). É neste momento cando a nova música se comeza a se chamar jass, polo que parece utilizando un termo común no século XIX para referirse ao intercambio sexual. O 26 de febreiro de 1917, a Victor lanzou o primeiro disco de Jazz gravado pola Original Dixieland Jazz Band: un grupo de brancos liderados polo competente Nick LaRocca pero que non eran nin moito menos un dos baluartes desta música, como os músicos negros e crioulos King oliver, Freddie Keppard, Kid Ory ou Jelly Roll Morton. Precisamente da banda de King Oliver sairía o home que levaría o Jazz a ser o que hoxe coñecemos: Louis Armstrong. Entre 1925 e 1929 este cornetista e despois trompetista transformou a improvisación colectiva no solo, e convertiu ao Jazz nun vehículo de expresión individual e autoafirmación, e xunto con Sidney Bechet configurou o swing. A década de 1920 foi chamada a "Era do Jazz" -do libro Tales of the Jazz Age (Francis Scott Fitzgerald, 1922)- e a música foi o epítome dunha época de paro e desesperanza, e o alcohol ilegal e o baile que lle servían de válvula de escape. Foi o nacemento das Big Bands, orquestras de baile que tocaban os temas de éxito nun estilo hot e chispeante e que conducirían á "Era do Swing" onde toda América bailaba ao ritmo de Benny Goodman e Glenn Miller.

Durante a II Guerra Mundial nace o bebop, estilo duro e agresivo que se xestou nos locais de Harlem. Na contrapartida surxe, entón, o cool jazz cunha proposta máis intelectualizada e con énfase nos arranxos. A continuación do bop é o hardbop, máis negro e con influencias do gospel e do rhythm and blues. Todas estas innovacións conlevaran unha complicación progresiva desde o ponto de vista técnico e, sobre todo, harmónico que afogaba aos solistas, isto levou a algúns músicos, principalmente despois do Kind of Blue de Miles Davis a apostar polo jazz modal, onde o solista xa non segue uns cambios de acorde, senon que ten unha série de modos que lle deixan mais espazo á improvisación.

Durante a década de 1960 afundouse no jazz modal e apareceu o funk e sobre todo a avangarda con elementos de composición atonais, polirritmia e moita improvisación, foi unha fase bastante experimentalista do estilo. A aparición do rock como música maioritaria entre a xuventude branca e o soul entre os negros desprazou ao jazz dos gostos populares, fenómeno axudado polo carácter anticomercial do jazz da época. Ao mesmo tempo, a toma de conciéncia do pobo negro tivo a sua expresión no free jazz (até o propio termo jazz, considerado derogatorio, chegou a abandonarse, usandose denominacións como new thing). O entertainer era o novo Tio Tom e os músicos de free mostrábanse cínicos e condescendentes co público.

Os setenta foron a época do fusion: a fusión do rock co jazz, liderada máis unha vez por Miles Davis, coa introdución de instrumentos electrónicos (ao comezo piano Fender Rhodes e baixo eléctrico e continuando despois con todo tipo de instrumentos amplificados). Apostouse por un estilo directo e rítmico (incluso bailábel) e pola existencia de bandas relativamente lonxevas no estilo rockeiro como Weather Report e Return to forever.

Frente ao triunfo da avangarda e a fusión nos setenta, ambos estilos moi alonxados do jazz tradicional, nos oitenta apareceron os Young Lions coma Wynton Marsalis ou Roy Hargrove que propoñían un retorno ao jazz acústico e mainstream.

O uso de samplers e secuenciadores é utilizado na mestura do drum'n'bass e do techno.


Grandes nomes do Jazz

Véxase tamén

More about Jazz: jazz music, jazz smooth, jazz utah, blue jazz like, guitar jazz, blues jazz, festival jazz new orleans, jazz piano, art blakey jazz messenger,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.