James Cook

Article on other languages:

Retrato de Cook por Nathaniel Dance (~1775)

James Cook (27 de outubro de 1728 - 14 de febreiro de 1779) foi un explorador e navegador británico. Fixo tres viaxes ao Océano Pacífico, nas cales foron descubertas as súas costas principais.

Cook naceu en Marton, Yorkshire, pero sendo pequeno mudouse coa súa familia a Great Ayton. Sendo novo desenvolveu unha fascinación polo mar (aprendeu el só cartografía) e viaxou ata Whitby para atopar emprego alá no transporte de hulla.

Durante a Guerra dos Sete Anos serviu na mariña real, participando no sitio de Quebec antes da batalla dos Plains of Abraham en 1759. Demostrou talento no recoñecemento de lugares e en cartografía e foi responsábel do levantamento de planos da entrada do Río Saint Lawrence durante o asedio. O seu dominio no recoñecemento serviu durante a década de 1760 para o levantamento de planos da enrevesada costa de Terra Nova, o que o puxo no punto de mira da Royal Society.

En 1768, no navío HMS Endeavour, é o comandante escollido para levar os membros da Royal Society ao Taití, para observar o tránsito de Venus, na primeira expedición científica polo Pacífico. Despois do éxito da expedición científica, Cook prosegue con obxectivos de exploración. Durante a viaxe, descobre o arquipélago que batiza de Illas Sociedade, na Polinesia francesa, e mapea toda a Nova Celandia. No regreso, descobre a costa occidental da Australia.

En 1772, Cook parte para nova circunnavegación ao comando das naus Resolution e Adventure. Durante esta viaxe chega á máis baixa latitude ao sur alcanzada até entón (70°10''S), cruzando pola primeira vez o círculo polar Antártico. Esta viaxe resultou na descuberta das Illas Cook.

Extractos de rotas de viaxes de James Cook.

En 1776, cos navíos Resolution e Discovery, parte para o que sería a súa última misión e descobre o arquipélago do Hawai, que chama de Sandwich. Costea a América e atravesa o estreito de Bering, chegando ao Ártico. No regreso ao Havaí, Cook morre nun enfrontamento con nativos.

A distinción de Cook e as súa grande habilidade poden ser atribuídas á combinación da excelente arte no mar, a súa superior capacidade de recoñecemento e soltura no levantamento de planos, coraxe na exploración de lugares perigosos para confirmar os datos (por exemplo: baixou numerosas veces até o circulo polar antártico e explorou a Gran Barreira) e o seu sangue frío xunto coa procura das cadencias nas súas exploracións e o ir máis aló das instrucións dadas dende o Almirantado.

Cook ficou coñecido pola preocupación coa saúde e a alimentación da súa tripulación. Na súa primeira viaxe, ningún membro da tripulación morre de escorbuto, doenza causada pola falta de ácido ascórbico no organismo e responsábel da morte de moitos mariñeiros até o século XVIII. El considérase o pai da Oceanía.

More about James_Cook: captain cook james, cook james university, asian cook james mcnair southeast, beard book cook james, cook explorer james, captain cook cook extraordinary james voyage, captain cook cook james life map n r voyage world, australia cook james university, book cook grill james mcnairs,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.