|
Article on other languages: |
A Jacquerie foi unha revolta campesina que ocorreu no Norte de Francia entre o 28 de maio e o 24 de xuño de 1358, durante a Guerra dos Cen Anos. A designación deriva de Jacques Bonhomme, o nome con connotación paternalista dado xenericamente a un labrego da rexión. A revolta iniciouse de forma espontánea, reflectindo a sensación de desespero en que vivían as camadas máis pobres da sociedade, depois da Peste Negra, nunha altura en que Franza se encontraba nun vacío de poder e á mercé das compañías libres, bandos de mercenraios renegados que vagueavan polo país. As elites acabaran por esmagar a revolta menos de un mes depois, matando no proceso cerca de 20,000 homse, o que viría a contribuir para o agravamento das condicións demográficas do país. A palabra "Jacquerie" pasou a ser sinônimo de rebelión campesina, e por séculos a nobreza viviu sob o temor dunha repetición do episodio. Na memoria popular, a Jacquerie é vista como unha serie de masacres feitos polos labregos contra a nobreza. Na realidade, porén, os servos rebeldes estaban máis preocupados coa pillaxe, a comida e a bebida dos castelos do que co asasinato de seus ocupantes. Frecuentemente, esquécese que padres, artesáns e pequenos mercadores ocasionalmente se xuntaran aos camponeses durante estas rebelións.
AntecedentesA situación política en Franza en meados do século XIV era política e socialmente caótica. O país fora gravemente afectado pola epidemia de Peste Negra que deflagrara en 1348 e custara a vida de cerca dun terzo da populación. A doenza atacou todas as clases sociais e dicimou os camponeses, comprometendo a produción agrícola, o que pola súa vez causou fame e aumento de prezos. En 1356, ainda na resaca desta epidemia, Franza perdeu a Batalla de Poitiers frente a Inglaterra de forma desastrosa. O condestável de Franza e os seus dous marechais, ben como unha fatía importante da nobreza, perderan a vida no confronto, mais pior, o rei Xoán II, o Bon, oseu fillo máis novo Filipe de Valois e moitos outros foran feitos prisioneiros e levados polo Príncipe Negro. Todos estes personaxes importantes debían pagar un resgate pola sua libertación. O resgate do rei era unha fortuna que arruinaba o país. Para alén do peso económico, a falta do soberano lanzou o país nun vacío de poder, entregado á loita entre Carlos, o Delfín, herdeiro de Xoán II, e a burguesía de influencia crecente. Para alén de todos os problemas internos, o campo era asolado por bandos de mercenarios, renegados e expropriados que pillaban e devastaban aldeas e vilas. A protección dos campesinos de malfeitores era unha responsabilidade do señor nobre que detiña as terras, mais nesta altura a nobreza estaba igualmente despopulada debido á peste, ás mortes en combate e á ruína debido aos impostos e resgates, sendo incapaz de prestar o auxilio necesario. A JacquerieResentidos contra a falta de protección e desencantados coo estatuto do nobre depois das derrotas humillantes de Crécy e Poitiers, os campesinos revoltáronse contra a clase dominante. A rebelión comezou o 28 de maio de 1358 na aldea de St.LeusurOise, depois dunha reunión de campesinos. Os ánimos exaltáranse, a indignación contra a clase nobre subiu de ton e os homes reuniron as armas que puideron e invadiron a casa do señor local. A familía foi asasinada e a propriedade incendiada. A violencia propagouse ás aldeas viciñas e días depois o motín era xeneralizado, envolvendo millares de camponeses en furia. O cronista Jean Froisart rexistou máis de 150 propiedades destruídas nas rexións de Coucy, Soisons, Amiens e Laon sen que houbese intervención contraria aos campesinos. En vez de reaxir, os señores locais fuxiron para as cidades próximais coas familias, abandonando as súas casas e bens á pillaxe. O clero foi tamén afectado e algúns mosteiros e igrexas queimados. No meio da anarquía que caracterizaba o movimento, surxiu Guillaume Cale, un home da Picardía con carisma e capacidade de lideranza suficiente para influenciar os seus pares. Cale organizou un consello e procurou estabelecer unha hierarquía militar nas hordas de camponeses, organizando loxística e batallóns militares. Adoptou ainda o grito de guerra Montxoie et St. Denis!, o grito do rei, para realzar o facto de que os Jacques nos estavan contra a casa real, mais si contra os nobres. Cale conseguiu ainda o apoio de varias cidades para a causa e a simpatía de varios sectores da burguesía, con algúns artesáns e comerciantes a xuntárense persoalmente á causa. De entre os apoiantes da revolta contábase Etienne Marcel, Preboste de París e líder da oposición ao partido realista do Delfín Carlos. Apesar do comando de Guillaume Cale e seus capitáns, a masa de campesinos en revolta non estaba unificada en nengún ideal comun, para alén da manifestación de desagrado. É incerto se entre os líderes da revolta había planos ou non para unha mudanza fundamental na organización política. A 9 de xuño, a horda de campesinos de cerca de 9000 homes dirixiuse para a cidade de Meaux, onde se encontraba a familia real, incluindo o Delfín e a muller Joana de Bourbon, as fillas do casal e innúmeras señoras nobres que procuraran protección xunto do rexente. Os dous líderes da cidade xuraron "defender a honra" das damas presentes (ou sexa, impedir que fosen estupradas polos camponeses) mais non conseguiron oferecer resistencia á ocupación da cidade polos labregos. A situación tornábase máis desesperadora a cada día e nen Cale tiña control sobre os seus homens. É nesta altura que surxen o Captal de Buch e Gastão Febo, Conde de Foix, dous cabaleiros regresados dunha campaña na Prusia. Nengún dos dous homes debçia lealdade á casa de Valois, mais a idea de innúmeras damas en perigo de estupro foi suficiente para entusiasmarlles o espírito cavalleiresco e tomaren a decisión de rumar a Meaux cos seus exércitos. Buch e Foix entraron na cidade con 120 homens e ocuparon a ponte que conducía á cidadela. A horda de campesinos tentou forzar a entrada, mais a ponte impedía que fixesen uso da súa enorme superioridade numérica. O resultado foi a morte de centenas de Jacques e un día de gloria para os cabaleiros defensores. O evento motivou ainda o inicio dunha resposta concertada da nobreza contra a Jacquerie. En breve foi pedida axuda militar aos condados viciños da Flandres e Hainaut e ao Ducado de Brabante. De entre os nobres que responderon á chamada para dominar a Jacquerie encontrábase o Rei Carlos II de Navarra, un home conflituoso e envolvido había anos en confrontos diplomáticos coa coroa de Franza. A Carlos II interesaba resolver a situación, non só porque isto lle traería dividendos políticos, mais porque era Conde de Evreux, un dos territórios atinxidos. A 10 de xuño o exército de Carlos II aproximouse dos Jacques. Cale, que comandaba esta horda, ordenou a retirada para París, mais os campesinos rexeitaron obedecelo. Os dous exércitos encontráronse en Clermont e Cale ordenou formación para a batalla, organizando as súas tropas en tres batallóns e dispondo os arqueiros nunha posición defensiva. Sorprendido pola resistencia organizada, Carlos II decidiu mudar de táctica e convidou Cale para negociacións. O líder campesino aceitou, pensando que iría ser tratado co respeito que o ideal caballeiresco concedía a un inimigo. Mais para Carlos II, Cale era apenas un campesino e como tal non lle eran aplicados os principios de honra. Guillaume Cale foi preso e executado e os seus homes perseguidos e masacrados. Entretanto, no Norte, os Jacques foron dominados polo exército comandado por Enguerrand VII, Señor de Coucy. O 24 de xuño máis de 20,000 camponeses morreron e a rexión estaba devastada. ConsecuenciasDepois da peste, fame e banditismo que asolaran a región, o principal tributo da represión da Jacquerie foi en termos demográficos. Os campos férteis do Norte de Franza perderon ainda máis mans para os traballar, o que resultou en máis fame e pobreza. A clase campesina non foi a única afectada: sen homes para traballar as súas terras, os propios nobres acabaron por perder moito do seu rendimento. En París, a lideranza de Etienne Marcel ficou seriamente comprometida polo seu apoio á revolta. O preboste acabou asasinado pouco tempo depois, o que consolidou a posición do Delfín como líder nacional. Referencia
Ver tamén
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.