Irán - ایران

Article on other languages:

جمهوری اسلامی ایران
Yomhūrī-ye Eslāmī-ye Īrān
República Islámica de Irán
Bandeira de Irán - ایران Escudo de Irán - ایران
Bandeira Escudo
Lema: Esteqlāl, āzādī, jomhūrī-ye eslāmī
(persa: «Independencia, Liberdade, República Islámica»)
Himno nacional: Sorood-e Melli-e Jomhoori-e Eslami
 
 
Capital
 • Poboación
Teherán
11.931.656 (2004)
Cidade máis poboada Teherán
Linguas
 • Oficiais
n/d
Persa
Forma de goberno República islámica
Alí Jamenei
Mahmud Ahmadineyad
Instauración da
República Islámica
1 de abril de 1979
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 17º
1.648.195 km2
0,7
5.440 km
2.440 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 18º
71.208.000 (2007[1])
41 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 32º
US$ 212.492 mill.
US$ 3.046 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 21º
USD 601.675 mill.
USD 8.624 (2006)
IDH n/d
Moeda Rial ((ريال), IRR)
Xentilicio Iraní
Fuso horario (UTC+3.30)
Dominio de Internet .ir
Prefixo telefónico +98
Prefixo radiofónico 9BA-9DZ, EPA-EQZ
Código ISO 364 / IRN / IR
Membro de: OPEP, ONU
Tódolos países do mundo

A República Islámica de Irán é un país do Oriente Medio,que limita ao norte coa Armenia, o enclave azerbaixaní de Nakhichevan, o Acerbaixán, o Mar Caspio, e o Turkmenistán, a leste co Afganistán e Paquistán, a sur co Golfo de Omán (a través do cal se achega a Omán), a sur e oeste co Golfo Pérsico (a través do cal ten ligazón aos Emiratos Árabes Unidos, ao Qatar, ao Bahrein, á Arabia Saudita e ao Kuwait) e a oeste co Iraq e a Turquía.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo)

Ata 1935 o nome oficial do país foi Persia.

Vista dende satélite de Teherán

Índice

Historia

Artigo principal: Historia do Irán.
Ver tamén: Ayatollah Ruhollah Khomeini.

Política

Artigo principal: Política do Irán.

Subdivisións

Artigo principal: Provincias do Irán.

Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior do Irán, e suxeito a aprobación do goberno.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía do Irán.

A paisaxe iraní está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas doutras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.610 m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.

As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a o-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Hormuz e no Mar de Omán.

O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.

As principais cidades de Irán són Isfahan, Teherán e Urmia.

Economía

Artigo principal: Economía do Irán.

A economía iraní é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.

Demografía

Artigo principal: Demografía do Irán.

Cultura

Artigo principal: Cultura do Irán.

Mapas e imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Vexa tamén


Países do mundo | Asia
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania
Países con parte do seu territorio en Asia

Rusia | Turquía | Exipto


This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.