|
Article on other languages:
|
O intestino delgado é a parte do tubo dixestivo que se inicia despois do estómago e acaba no cego do colon. Divídese en tres porcións: duodeno, xexuno e íleo.
Función do intestino delgadoO quimo que se crea no estómago do birlo alimenticio mesturado co ácido clorhídrico a partir de movementos peristálticos mestúrase coas secrecións biliar e pancreática (ademais da propia duodenal) para non romper as capas do intestino delgado (xa que este ten un pH ácedo) e é levado ó duodeno. O tránsito alimenticio continúa por este tubo duns 6 metros (no vivo) ó longo dos cales se completa o proceso da dixestión e efectúase a absorción das substancias útiles. Os fenómenos da dixestión e da absorción van depender grandemente do contacto do alimento coas paredes intestinais, polo que canto maior sexa este e nunha superficie máis ampla, tanto mellor será a dixestión e absorción dos alimentos. Isto dános unha das características morfolóxicas máis importantes do intestino delgado que son a presenza de numerosos pliegues que amplifican a superficie de absorción como:
Forma e relacións do intestino delgadoO duodeno caracterízase pola súa relación co estómago, fígado e páncreas, pero o xexuno e íleo son máis difíciles de distinguir, e non hai unha separación neta entre ambos. En xeral, pódense distinguir porque:
Topograficamente tanto o xexuno como o íleo ocupan o espazo infracólico, aínda que:
O final do intestino delgado é o íleo terminal que desemboca no cego por medio da válvula ileocecal. Na constitución da parede intestinal, ademais das capas usuais de mucosa, submucosa, muscular e serosa, destaca a presenza de acúmulos de tecido linfoide que alcanzan ata a submucosa. Localízanse no bordo antimesentérico e o seu número é de 30 ó 40, e ata 2,5 cm de diámetro. Como se mencionou anteriormente, son máis numerosos no íleo. Toda a lonxitude do intestino delgado queda unida á parede posterior a través da raíz do mesenterio. Esta unión do mesenterio á parede posterior comeza a nivel da vértebra L2, cruza o gancho do páncreas (por onde penetra a arteria mesentérica superior), cruza diante da cava inferior, segue externamente ós vasos ilíacos comúns e externos para terminar na fosa ilíaca dereita, a nivel do promontorio, lateral á articulación sacroilíaca dereita, a uns 6 cm, da liña media. Irrigación arterial do intestino delgadoA irrigación provén da arteria mesentérica superior, rama da aorta, que camiña dentro do mesenterio e da que nacen as arterias:
Drenaxe venosaA drenaxe venosa é bastante similar, correndo a cargo da vea mesentérica superior, a principal constituínte da vea porta, xunto coa vea mesentérica inferior e a vea esplénica. Histoloxía do intestino delgadoA mucosa intestinal está especializada na dixestión e a absorción de nutrientes e para iso ten que aumentar a súa superficie que dá á luz, de tres xeitos:
O epitelio intestinal da mucosa está formado por diferentes células que son:
A lámina propia presenta un tecido conectivo solto, con vasos e nervios. Está invadido por unha poboación linfocítica e por fibras musculares lisas provenientes da capa muscular da mucosa. Denomínaselle músculo de Brucke e é o músculo motor das microvellosidades. O conduto lacteal ou quilífero central é un vaso linfático central da microvellosidade. Atópase en todo corte transversal da microvellosidade. O revestimento do quilífero é descontinuo. O glicocálix é fundamental na finalización do proceso dixestivo, en canto a que é o último eslabón da degradación. Dos elementos absorbidos, as graxas van ó quilífero central, e as demais ó sangue. Se hai glándulas diferentes ás das criptas, na submucosa duodenal, atopámonos nun duodeno, e se non nun xexuno íleo. O duodeno presenta estas glándulas que secretan unha mucina que neutraliza o pH ácedo do quimo. No tubo dixestivo é característica a presenza de MALT, tecido linfoide asociado a mucosa. Este tecido linfoide atópase no corion ou lámina propia da mucosa. É polo xeral un tecido linfoide difuso ou nodular. Xunto a este tecido linfoide atópanse xeralmente plasmocitos. No íleo o tecido linfoide é especialmente notorio pola súa disposición en placas, denominadas placas de Peyer. O nódulo linfático produce unha modificación no epitelio de revestimento. As glándulas de Brunner son as glándulas da submucosa duodenal, que son características del. A cantidade de células caliciformes aumenta desde o duodeno ó recto, as células absortivas diminúen de duodeno a recto. No estómago non hai células caliciformes, xa que o propio epitelio é mucíxeno. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.