|
Article on other languages:
|
Vista de varias rutas por Internet. Cada liña representa a ligazón de dúas direccións IP. A lonxitude das liñas é proporcional ao retraso entre eses dous nodos. Este gráfico representa menos dun 30% das redes Clase C accesibles por programas de recolleita de datos a comezos do 2005
A Internet (tamén usada sen artigo) é uha rede informática de ámbito planetario, formada con ordenadores dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información. É a evolución da ARPANET, que pretendía poñer en comunicación ordenadores do exército norteamericano implementado dende xaneiro de 1983 sobre o protocolo TCP/IP, e en 1984 as redes militares separáronse para formar o MILNET, o que posibilitou que aumentase o número de redes locais de axencias gobernamentais e de universidades conectadas a Internet e que se permitira o acceso á rede aos particulares, aínda que o primeiro só con fins académicos ou de investigación. Como medio de comunicación comezouse a xeralizar nos países desenvolvidos a comezos dos anos 90: en 1991 o Centro Europeo de Investigación Nuclear desenvolveu a World Wide Web, en 1993 creou as primeiras páxinas web e en 1995 a rede abriuse aos intereses comerciais. Nese primeiro momento, foron os propios internautas os que fixeron evolucionar Internet, a través da creación de múltiples servizos maioritariamente gratuitos. De tódolos xeitos, desde finais dos anos 90, os servizos de pago e o comercio electrónico teñen unha presenza cada vez maior. Internet permítenos moitos servizos diferentes. Destacan:
More about Internet: internet utility, internet access provider, internet domain registration, internet dating, internet provider, internet marketing, internet dial up access, internet radio, internet phone service, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.