|
Article on other languages:
|
Os insectos (Insecta) son unha clase de animais invertebrados, do filo dos artrópodos. A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía.
CaracterísticasOs insectos comprenden o grupo de animais máis diverso da Terra, con máis de 800.000 especies descritas, máis que os outros grupos de animais xuntos. Os insectos pódense encontrar en case todos os ambientes do planeta, aínda que só un pequeno número de especies se adaptou á vida nos océanos. Hai aproximadamente 5.000 especies de libélulas, 20.000 de saltóns, 170.000 de bolboretas, couzas e avelaíñas, 120.000 de moscas, 82.000 de chinches, 350.000 de escaravellos, e 110.000 especies de abellas e formigas. Algúns pequenos grupos de animais, tales coma os Collembola, Protura y Diplura, están relacionados cos insectos polo subfilo Hexapoda. Os insectos verdadeiros (a clase Insecta) distínguense do resto dos hexápodos en parte, por ser ectognatos (coas pezas bucais dispostas exteriormente). Moitas especies, aínda que non todas, teñen ás na súa fase adulta. Os artrópodos terrestres como os cempés, miriápodos, escorpións e arañas confúndense a miúdo cos insectos debido a que teñen estruturas corporais semellantes, pero non o son. Anatomía dos insectosO corpo dos insectos está formado por tres rexións principais: cabeza, tórax e abdome:
Sistema nerviosoO sistema nervioso dos insectos está formado polo ganglio supraesofáxico ou cerebro, o ganglio subesofáxico e unha cadea de ganglios (un por segmento do corpo) colocados ó longo da rexión ventral do corpo, unidos por comisuras. O cerebro está composto pola fusión de tres ganglios (protocerebro, deutocerebro e tritocerebro) os cales inervan os órganos e apéndices da cabeza. O ganglio subesofáxico únese ó cerebro mediante as comisuras esofáxicas e está formado pola fusión dos ganglios mandibular, maxilar e labial. A cadea de ganglios ventrais presenta variacións, observándose unha tendencia á fusión dos mesmos tanto no tórax coma no abdome. Nos insectos existen ademais outros sistemas nerviosos, coma o estomogástrico, o cal controla os movementos dos sistemas dixestivo, circulatorio e músculos oclusores dos espiráculos. E por último o sistema periférico que desempeña funcións sensoriais. Sistema respiratorioA respiración realízase na maioría dos insectos dun modo pasivo (a través dun gradiente de concentración de osíxeno), grazas a un sistema de traqueas, que se ramifican no interior do corpo e que se abren ó exterior a través duns orificios chamados espiráculos situados no tórax e abdome. En especies de gran tamaño coma as lagostas, a difusión pasiva resulta insuficiente, polo que realizan movementos cos músculos abdominais para forzar a circulación dos gases. Sistema dixestivoEstá composto por un tubo de tres seccións que recibenos nomes de intestino anterior (estomodeo), intestino medio (mesénteron) e intestino posterior (proctodeo), dos cales o mesénteron é o encargado da absorción dos nutrientes. Posúe glándulas salivares... Sistema circulatorioO sistema circulatorio dos insectos é un sistema aberto no cal os órganos son bañados directamente polo sangue (hemolinfa). Salvo excepcións, só existe un vaso sanguíneo dividido en cámaras. A zona posterior deste vaso denomínase corazón e está dotada de varias aperturas laterais chamadas ostiolos que permiten a entrada de sangue A parte anterior do vaso chámase aorta e consiste nun tubo recto e sen válvulas. O corazón aspira a hemolinfa da cavidade abdominal e propúlsaa cara á cabeza, a través da aorta, desde onde volve a filtrarse ós tecidos cara a cavidade abdominal. Nalgúns insectos existen bombas accesorias destinadas a irrigar as patas, as ás ou as antenas. A hemolinfa é o líquido circulatorio. A súa composición varía moito dunha especie a outra. As súas principais funcións son:
Aparato bucalO aparato bucal (gnatal) sufriu diversas especializacións nos diferentes grupos de insectos, pero de forma xeral segue algúns modelos básicos que dependen dos hábitos alimenticios:
PercepciónMoitos insectos posúen órganos moi refinados de percepción; nalgúns casos os seus sentidos poden ser mellores que os dos humanos. Por exemplo, as abellas poden ver no espectro ultravioleta e captar os patróns de polarización da luz, e as avelaíñas macho teñen un sentido especializado do olfacto que axuda a detectar as feromonas das femias a moitos quilómetros de distancia. PatasAs patas están divididas en cinco segmentos: coxa, trocánter, fémur, tibia e tarso. Os dous primeiros son de pequeno tamaño, os dous seguintes forman a parte principal da pata e o último está xeralmente dividido en tres partes distintas. Ao final sitúanse un par de unllas. As patas presentan distintas adaptacións, dependendo do tipo de vida que leve o insecto; adaptadas ó salto (saltóns), á excavación (grilo toupa), á depredación (mantis), a marcha sobre a auga (zapateiro), ou á recollida e almacenaxe de alimento (abellas). ÁsAs ás son apéndices pareados que se encontran no segundo e terceiro segmento torácico, que son consideradas os responsables do éxito evolutivo dos insectos, son de consistencia membranosa. Caracterízanse por presentar unha nervación que é a responsable de brindarlle a rixidez necesaria para o voo, esta nervación é característica de cada grupo de insectos e é usada para clasificalos. Nas ás obsérvanse moitas variacións en canto á súa forma e consistencia. ReproduciónOs insectos presentan sexos separados e frecuentemente moi diferenciados morfoloxicamente entre si, sendo nalgúns casos o macho máis grande e de coloración máis rechamante cá femia. Reprodúcense normalmente por vía sexual, nalgúns casos tamén se poden reproducir mediante partenoxénese (asexualmente), nalgunhas poucas especies non se coñecen machos. MetamorfoseA metamorfose é un proceso de desenvolvemento postembrionario, mediante o cal os insectos alcanzan a súa fase adulta (imago), durante a cal chegan á madurez sexual, no caso dos Pterigotos desenvólvense ademais as ás. Segundo o tipo de metamorfose que experimentan os insectos, estes son:
Véxase taménBibliografía
Outros artigosLigazóns externas
More about Insecto: de imagenes insecto, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.