|
Article on other languages:
|
A Indonesia é un extenso país do surleste asiático, ocupando boa parte do terriorio do máis grande arquipélago do mundo, as Illas de Sonda, e máis a metade occidental da illa da Nova Guinea. Ten fronteiras terrestres con Malaisia na illa de Borneo, con Timor Leste na illa de Timor, e con Papúa Nova Guinea, na illa de Nova Guinea. O país báñao o Océano Pacífico e o Océano Índico Algunhas das illas do arquipélago son: Xava (a máis densamente poboada), Borneo, Sumatra, Celebes, Timor, Nova Guinea, ...
Organización político-administrativaIndonesia está dividida en 33 provincias e distritos: Aceh, Bali, Bantam, Bangka-Belitung, Bengkulu, Célebes Central, Célebes Setentrional, Célebes Meridional, Célebes Suroriental, Celebes Occidental, Iacarta, Gorontalo, Jambi, Yogyakarta, Xava Central, Xava Oriental, Xava Occidental, Kalimantan Central, Kalimantan Oriental, Kalimantan Meridional, Kalimantan Occidental, Lampung, Maluku ou Molucas, Maluku Setentrional, Nusatenggara Oriental, Nusatenggara Occidental, Riau, Riau arquipélago, Sumatra Setentrional, Sumatra Meridional, Sumatra Occidental, Papúa (provincia), Papúa Occidental e Timor Occidental XeografíaCon 1.919.440 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 120,5 hab/km² sitúao no 98 no mundo. As 18.108 illas de Indonesia, das cales unas 6.000 están habitadas, están esparexidas cerca do ecuador, dándolle ao país un clima tropical. As illas máis poboadas son Xava, Sumatra, Borneo (compartida con Malaisia e Brunei) e Célebes. Indonesia fai fronteira con Malaisia na illa de Borneo (indonesio: Kalimantan), Papua Nova Guinea na illa de Nova Guinea e Timor Oriental na illa de Timor. Ademais da capital Iacarta, as cidades principais inclúen Surabaya, Bandung, Medan, Palembang e Semarang. EconomíaIndonesia sufriu de grandes problemas económicos a finais dos anos 1990, pero a economía hase reestabilizado recentemente. O país conta con extensos recursos naturais como petróleo, gas natural, cobre e ouro. A súa agricultura produce principalmente arroz, té, café, especias e goma. Tamén son moi importantes as madeiras tropicais, das que Indonesia é un gran produtor e exportador. Desgraciadamente, gran parte da talla non está controlada, coas consecuencias que iso carrexa. A industria de bens de consumo é tamén moi importante, producindo a gran escala produtos para exportación. Destacan o sector téxtil e o da electrónica. Os maiores socios comerciais de Indonesia son Xapón, os Estados Unidos e nacións veciñas como Singapur, Malaisia e Australia. DemografíaAo ano 2007, Indonesia ten unha poboación de 245.452.739 habitantes. A esperanza de vida é de 70 anos. O 87,9% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2,38. As dúas cidades máis grandes de Indonesia están en Xava: Iacarta, cunha poboación de 8.222.515 habitantes (censo de 1990), é a capital e o principal centro comercial. Outras cidades importantes de Xava son Surabaya (2.473.272 hab.), Bandung (2.056.915) e Semarang (1.249.230). En Sumatra, atópase a cidade de Medan, a capital da provincia de Sumatra setentrional, cunha poboación (1990) de 1.730.052 habitantes, e Palembang, no sur, con 1.140.918 habitantes. Ujung Pandang (antiga Makasar), en Célebes, conta con 944.372 habitantes e Banjarmasin, en Borneo, con 480.737 habitantes. A illa de Xava cun área de soamente 132.000 km², está habitada por 114 millóns de persoas o cal representa unha densidade de poboación de 864 persoas por quilómetro cadrado e convértea nun dos lugares máis densamente poboados do mundo. Se Xava fose un país independente, sería o segundo país máis denso do mundo, logo de Bangladesh. CulturaAs formas de arte en Indonesia foron influenciadas por diversas culturas. As famosas danzas javanesas e balinesas, por exemplo, conteñen aspectos da cultura e mitoloxía hindú. Tamén resultan coñecidas os espectáculos de teatro de sombras wayang kulit de Xava, onde se representan diversos eventos mitológicos. No libro Max Havelaar, o autor holandés Multatuli criticou o trato holandés cara aos indonesios, o que lle outorgou atención en todo o mundo. RelixiónAproximadamente un 80% da poboación indonesia profesa a relixión Islamica, o que converte a Indonesia na maior nación musulmá do mundo. O 20% restante divídese entre católicos, protestantes, budistas e hinduístas. En números marxinais, sobre todo en zonas remotas de Borneo e a Papúa indonesia, existen crenzas animistas. Mapas e imaxesLigazóns externas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.