|
Article on other languages:
|
HistoriaXurdimentoO segundo reich foi fundado o 18 de xaneiro de 1871 tras a vitoria de Prusia na Guerra franco-prusiana e supuxo a unificación dos diferentes estados alemáns ao redor de Prusia, excluíndo a Austria. Prusia converteuse en Alemaña, baixo o liderado do chanceler Otto von Bismarck, quen foi o verdadeiro artífice da unificación. DesenvolvementoCoa chegada do Imperio, iníciase un período de gran desenvolvemento de Alemaña en todos os campos: científico, económico, xeográfico, político e militar. A partir dese momento, Alemaña transfórmase xunto ao Imperio Británico nunha das dúas grandes potencias mundiais. Desde entón e durante as seguintes dúas décadas establécense os chamados "sistemas bismarckianos", que dominan a política europea nese período. Entre 1884 e 1885 Bismarck convoca a conferencia de Berlín, na que as potencias establecen as pautas para a repartición colonial de África. Coa coroación de Guillerme II como Kàiser, comeza un enfrontamento entre este e Bismarck, que provoca a caída do chanceler. O emperador será incapaz de continuar coas políticas implantadas por Bismarck e Alemaña vese cada vez máis incapaz de manter o equilibrio europeo, que para entón era máis que nunca a base do equilibrio mundial. Caída do ImperioEn 1914 estala a Primeira Guerra Mundial que, ao provocar a derrota de Alemaña en 1918, marca o fin da dinastía Hohenzollern. As nacións vencedoras impoñen o Tratado de Versalles e con iso iníciase a República de Weimar. O territorio alemán vese novamente dividido. EpílogoDurante a República de Weimar, algúns partidos propugnaron sen éxito o retorno á monarquía. Despois, durante a ditadura de Adolf Hitler, os movementos monárquicos foron prohibidos. En 1944, un atentado encabezado por Claus von Stauffenberg puido cambiar a historia, cunha eventual restauración monárquica; pero fracasou por completo. Finalizado tan negro período, algúns poucos grupos como Tradition und Leben seguen sostendo a causa monárquica, sen maior convocatoria. O actual xefe da dinastía Hohenzollern é Xurxo-Federico de Prusia.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.