Iemen - اليمن

Article on other languages:

الجمهوريّة اليمنية
Al-Jumhuriyah al-Yamaniyah
Imaxe:LocationYemen.png
Idioma oficial Árabe
Capital Sana
Presidente Alí Abdullah Saleh
Área 527.970 km&sup2
Poboación(2003) 19.349.881
Unificación 22 de maio do 1990
Moeda Rial iemenita
Hora UTC +3
Himno nacional República unida
TLD (Internet) .YE
Código telefónico 967

O Iemen é un país árabe que ocupa o extremo suroeste da Peninsula da Arabia. Limita ao norte coa Arabia Saudí, ao leste co Omán, ao sur co Mar da Arabia e mailo Golfo de Aden, e a oeste polo estreito de Bab el-Mandeb e polo Mar Vermello. O Iemen inclui tamén algunhas illas situadas ó longo do chamado Corno de África, das cales a máis grande é Socotora.

Índice

Xeografía

Algo maior que España en superficie (527.970 km²) e sito no extremo suroeste da Península Arábiga, e por tanto considerado un país do Oriente Próximo, con todo algúns xeógrafos, como Carlos Garijo, coidan que o Iemen é un país africano, apoiándose tanto na súa posición xeográfica como na súa cultura, mais non é unha opinión xeral.

Fisiográficamente, o país consta de partes diferenciadas que gañan altura desde a costa para logo descender no interior. O litoral constitúe unha faixa estreita, denominado Tihamah; a continuación, en poucos quilómetros, levántanse unha serie de montañas de altura intermedia e vales, que constitúen a transición ás chamadas terras altas, que ocupan unha anchura maior no oeste do país, en paralelo ao Mar Vermello; neste último territorio sitúase a maior altura do Iemen, o Jabal an Nabi Shu'ayb, de 3.760 m. Nun planalto da zona está ubicada a capital iemení, Sana, a máis de 2.200 m. No extremo sur do país, no Bab el-Mandeb, o estreito que comunica o Océano ïndico e o Mar Vermello, montañas elevadas chegan até cerca da costa (Jabal Sabir, 3.006 m). Pasadas as terras altas, o territorio descende en altura cada vez máis cara o leste, na zona fronteriza con Arabia Saudí e Omán, máis xa tamén próximo ao temido deserto de Rub al-Khalí, que chega a alcanzar o centro norte do país. As costas alcanzan un total de 1.906 km de desenrolo.

O clima é practicamente desértico. Moi cálido é húmido na costa oeste, temperado nas montañas occidentais tamén afectadas polos monzóns; seco e frío nas terras altas. O deserto do centro e leste do país é moi cálido e seco.

O país sufre os efectos da desertificación e da falta de auga. Os cursos de auga son torrentes (wadi, ramlat), só animados con auga durante as tormentas e os monzóns. Os ventos do nordeste son os responsábeles da aridez xeral do país e causantes das frecuentes tormentas de area.

Economía

É o país máis pobre do Oriente Medio. Produce principalmente petróleo, pero nos anos da década de 1990 ao non apoiar o goberno o ataque sobre Iraq, subsecuente á invasión deste país sobre Kuwait, causou problemas de aillamento do país e máis de 1 millón de emigrantes iemenís tiveron que voltar ao país expulsados en represalia.

Cifras económicas xerais

O Produto Interior Bruto (PIB) creceu en 2004 sobre un 2,7 %. Ao sector primario correspondeulle un 14 % do PIB, a industria ou sector secundario un 38 % e ao sector servicios un 49 % do PIB. No ano 1999 un 48,5 % da poboación activa dedicábase á agricultura, un 15,1 % traballaba no sector industrial e un 36,4 % estaba ocupada no sector servicios. O desemprego acadaba en 2003 unha media do 25 % da poboación activa, mentres que a inflación era do 17,7 %. En 2003 un 5,5 % do PIB foi dedicado a servicios de saúde, un 9,6 % á Ensinanza e un 7,1 % a gastos militares.

Mapas e imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Véxase tamén


Países do mundo | Asia
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania
Países con parte do seu territorio en Asia

Rusia | Turquía | Exipto

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.