|
Article on other languages:
|
Este artigo trata sobre o Cáucaso en tempos dos gregos, para outros usos da palabra, véxase Iberia (homónimos) Iberia era o nome empregado polos antigos gregos e polos romanos para designar ao antigo reino xeorxiano de Kartli (Século IV a. C.–Século V) que ocupaba o keste e o sudeste do país caucásico. Emprégase o termo de Iberia caucásica ou Iberia do Leste, para distinguilo da tamén denominada Iberia polos antigos gregos: a Península ibérica. Algúns eruditos cren que o Cáucaso era o lugar orixinal das tribos que posteriormente migraron á península ibérica, dada a coincidencia nos nomes. Os kabardos e ávaros, aínda presentes no Cáucaso, poden ter conservado a denominación de Iberia na súa denominación étnica, rememorando a este antigo pobo.
HistoriaHistoria antigaA área estaba habitada por varias tribos emparentadas entre si, chamadas xeralmete iberos polos autores antigos. O reino local, Kartli recibe o seu nome dun xefe místico, Kartlos. Os Moschi mencionados por varios historiadores clásicos e os Sasper, os seus posíbeis descendentes, (nomeados por Herodoto poderían ter un papel relevante na consolidación das tribos da rexión. Probábelmente, a orixe etimolóxica de «Iberia» derivase do seu nome (Sasper >Speri >Hberi >Iberi). Os Moschi teríanse movido cara ao norleste nunha migración. A principal tribo eran os Mtskheta, que darían nome á capital. O seu primeiro asentamento chamouse polos autores medivais xeorxianos, Arrian-Kartli, baixo o goberno persa da dinastía aqueménida. Tras elo, foron gobernados por un príncipe local coñecido como mamasakhlisi. A fuente medieval de Moktsevai Kartlisai («Conversión de Kartli») fala ademais de Azo e a súa xemte, que se asentaron na futura capital de Mtskheta. Outras crónicas do país, Kartlis Tskhovreba («Historia de Kartli») din que Azo sería un oficial de Alexandre Magno, que asasinou a unha dinastía local e conquistou o territorio, sendo expulsado por Pharnazaz I de Iberia. Reis de Iberia
Véxase tamén
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.