|
Article on other languages:
|
Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, nas súas siglas inglesas. Foi fundada en 1919. É unha organización non gubernamental (ONG) internacional que representa a química e as ciencias e tecnoloxías relacionadas con ela. Promove a cooperación continua entre tódolos químicos dos Estados membros, estudia temas de importancia internacional para a química que precisan de estandarización ou codificación; coopera con outras organizacións internacionais en temas de natureza química e contribúe ó avance e á comprensión de tódolos aspectos da química, tanto pura coma aplicada. A IUPAC é recoñecida coma unha autoridade internacional en nomenclatura química, terminoloxía, símbolos, unidades, pesos atómicos e temas afíns. Os seus informes e recomendacións son de cotío aceptados coma definitivos e son as bases dos regulamentos de manufactura química, comercio internacional e asuntos relacionados coa alimentación, a saúde e o medio ambiente. Datos de interese
Véxase taménLigazóns externasMore about IUPAC: iupac nomenclature, iupac rule, iupac periodic table, iupac gold book, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.