|
Article on other languages:
|
O house é un xénero de música electrónica no marco do dance aparecido a mediados dos anos oitenta na cidade estadounidense de Chicago, a mans do músico, produtor e discjockey Frankie Knuckles. A orixe do nome do xénero procede da discoteca The Warehouse na que Knuckles exercía como D.J. residente. O house naceu coma unha fusión de electro, funk, soul e música disco, fortemente influenciado por conxuntos vangardistas da época coma Kraftwerk e outras correntes electrónicas procedentes de Europa. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.