|
Article on other languages:
|
Horst Köhler (22 de febreiro de 1943 - ) é o Presidente federal de Alemaña desde o 1 de xullo de 2004. Horst Köhler é o sétimo de oito irmáns dunha familia granxeira de relixión protestante. Naceu en Zamosc, ó sur de Lublin, na Polonia oriental ocupada por Alemaña. O 1 de xullo de 2004 Köhler toma posesión do seu mandato quinquenal á fronte dunha oficina de natureza ceremonial, institucional e representativa, sen poderes executivos, pero que brinda ó seu titular unha nada desprezable proxección na area internacional. Ademais, os presidentes federales exercen influencia sobre os debates políticos, onde a súa voz conta con autoridade moral. Anteriormente fora director do Fondo Monetario Internacional, ata o 4 de Marzo de 2004, cando se lle comunicou que era candidato conxunto da CDU, CSU e FDP para o cargo de Presidente Federal de Alemaña. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.