|
Article on other languages:
|
Homo é o xénero de homínidos que inclúe os humanos modernos. Estímase que ten unha antigüidade de entre 2,4 e 1,6 millóns de anos. Todas as especies, agás Homo sapiens, están extinguidas. A última das especies relacionadas en desaparecer foi Homo neanderthalensis hai 30.000 anos, aínda que descubrimentos recentes suxiren que o homo floresiensis desapareceu hai 12.000 anos. O termo úsase para designar aos humanos desde que Linnaeus llo asignara en 1758 En relación aos Australopithecus, xa as primeiras especies do xénero Homo foron moito máis omnívoras, con dentes máis pequenos e a cara menos promidente e asociados a eles nos rexistros fósiles atópanse restos de ósos e pedras traballados. Os machos Homo son entre un 15 e un 20% máis corpulentos que as femias, a diferenza dos Australopithecus nos que o dimorfismo sexual era moito máis acusado, o que podería indicar que os machos non tiñan que competiren polas femias, senón que dentro do grupo había unha complexa rede de relacións sociais e de cooperación propios dunha sociedade de cazadores-colleitadores. Especies
Ver taménMore about Homo: homo erectus, homo ludens, homo habilis, homo sacer, homo sex, homo thug, homo faber, ecce homo, homo erotic, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.