|
Article on other languages:
|
Homero, cosiderado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego, consagrou o xénero épico coas súas grandiosas obras: A Ilíada e a Odisea, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia e os corpus dos himnos homéricos. Nada se sabe con seguridade da súa existencia; mais a crítica moderna inclinase a crer que viviu no século VIII a.C., aínda que sen poder indicar onde naceu nin confirmar a súa pobreza, cegueira e afán de viaxante, caracteres que tradicionalmente lle foron atribuídos. A opinión predominante ao longo dos séculos afirma a unidade das dúas obras épicas, aínda que admita que talvez foran elaboradas a través dun fondo orixinal primitivo. No século XVIII levantouse pola primeira vez polos eruditos a cuestión homérica, contrapondo á opinión tradicional a negación da existencia de Homero e a afirmación de que as dúas epopeias non pasan de conglomerados de composicións anteriores. A cuestión aínda non se pode considerar totalmente resolvida. Ver tamén
More about Homero: homero simpson, biografia de homero, la odisea de homero, homero aridjis, homero martinez, homero iliada, cadetes de de guerrero homero jr linares los, la iliada de homero, cantu homero, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.